Nova formación sobre ferramentas informáticas especializadas no deseño en madeira

A Xunta de Galicia busca mellorar e reforzar as habilidades dos profesionais do sector forestal-madeira galego, cun incremento da competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor

Publicidade
Nova formación sobre ferramentas informáticas especializadas no deseño en madeira

O Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) organiza un curso sobre o manexo de programas informáticos especializados no deseño e fabricación no emprego da madeira, ferramentas que abarcan desde a planificación arquitectónica e a enxeñería estrutural, ata a produción automatizada. A formación forma parte dos apoios que ten a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para a organización de actividades non regradas que impulsen o coñecemento e a competitividade desta industria, o denominado como Programa Xera-savia.

Esta formación foi inaugurada polo director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, quen destacou a aposta da Xunta por mellorar e reforzar as habilidades dos profesionais do sector forestal-madeira galego. “É o mellor xeito de incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor – dixo ao tempo que destacou que – se trata dunha industria estratéxica na que somos líderes a nivel nacional por cifra de negocio e peza esencial no camiño cara o novo modelo de economía circular”.

O director da XERA aproveitou para lembrar as cualidades da madeira para avanzar na descarbonización do sector da construción, grazas ás propiedades naturais de illamento térmico que posúe e que contribúen a reducir o consumo enerxético da edificación, tanto nas fases de construción e desmantelamento como durante o seu ciclo de vida útil. Un novo nicho de mercado que esixe a adecuación do persoal traballador ás novas tendencias e desafíos, subliñou.

Finalmente, Fernández Ríos apuntou que o pasado 13 de febreiro se publicaba unha nova convocatoria desta liña de axudas, á que os interesados poderán optar ata o vindeiro 13 de marzo, día no que remata o prazo para presentar as solicitudes. O importe da convocatoria do Xera-savia para esta edición ascende a 500.000 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información