A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Nova ferramenta de xestión para rabaños pequenos de vacún de leite: UNIFORM-Repro Pocket

Nova ferramenta de xestión para rabaños pequenos de vacún de leite: UNIFORM-Repro Pocket

Lucía, usuaria de UNIFORM, revisando datos das súas vacas. / Imaxes: Uniform Agri.

Moitos gandeiros e profesionais do sector (veterinarios, nutrólogos, asesores en xestión) comparten a opinión de que as explotacións deben tecnificarse e aproveitar a inmensa cantidade de datos e de información que se xeran a diario. Xestionar un rabaño de vacún leiteiro só con papel é, hoxe en día, practicamente un imposible. O cal non significa que non sexa a realidade de moitos porque aínda non se atopou unha ferramenta que encaixe co que se necesita.

Cada vez máis trámites fanse directamente online, como os movementos de animais e control do censo da explotación, ou as receitas dos medicamentos. Algúns actualízanse automaticamente, outros non. E por iso non se remata de abandonar o papel, porque ter unha sinxela aplicación no móbil axuda, pero resulta menos útil se os datos se actualizan cada 15 días e non ao momento.

Despois está a cuestión do investimento. Para tecnificar e dixitalizar a explotación débese valorar como de importante será o investimento. Entre as opcións están, por exemplo, instalar robots ou sistemas de detección de celos e actividade (que traen o seu programa e Apps propias), que ademais de dixitalizar o muxido ou a xestión da reprodución e axudar no manexo da información, reducen os gastos en man de obra.

O programa permite acceder a tódolos datos desde o móbil.

O programa permite acceder a tódolos datos desde o móbil.

Aínda así, o retorno do investimento leva un tempo, segundo as circunstancias de cada explotación. Canto máis grande sexa o rabaño, máis se dilúe o investimento entre as nosas vacas. No entanto, sempre se pode facer un investimento non tan importante. Existen distintos niveis de investimento, especialmente para os rabaños que non teñen tantas vacas en muxido.

Para moitos gandeiros con rabaños que teñen non máis de 100 vacas en muxido, un cambio tan importante como pasar de ordeño en sala a robot non é ningunha tontería. E, con todo, encantaríalles poder ter a información das súas vacas sempre a man, poder saber dunha ollada as tarefas e tratamentos que haxa que facer ese día, abandonar o papel, xestionar o seu rabaño como quen utiliza o WhatsApp, desde o móbil e desde calquera sitio.

Por todo iso, desde UNIFORM-Agri, lanzamos un novo produto, para rabaños de vacún leiteiro de menos de 100 vacas: UNIFORM-Repro POCKET.

Este novo programa de xestión de rabaños, desenvolvido por unha empresa con máis de 30 anos de experiencia e usuarios en todo o mundo, permite dixitalizar as explotacións máis tradicionais, e levar sempre no peto a información das vacas. Os datos de animais históricos e a recría van incluídos xunto coa información das vacas en ordeño. Funciona en computador e móbil, de tal xeito que lle permite ao usuario:

  • Rexistrar o traballo diario facilmente.
  • Aforrar tempo en protocolos e controis reprodutivos.
  • Acceso en todo momento a información completa de cada vaca.
  • Analizar a situación actual e a evolución do rabaño nunha ollada.
  • Importar de control leiteiro mensual a xenética e acoplamentos.
  • Levar ao día o libro de tratamentos e movementos.
  • Ter os datos do seu negocio a recado.

UNIFORM-Repro POCKET permite levar a información fundamental do rabaño no móbil. Pode utilizarse só para consulta ou para introducir nova información. Desde a aplicación de computador, máis sinxela que o programa UNIFORM-Repro PRO, pódese analizar a evolución do rabaño. Inclúe análises fáciles de entender e necesarios para unha xestión básica do rabaño, como a estatística resumo, a análise do control leiteiro ou lactacións completadas.

Usuarias da aplicación.

Diana, usuaria de UNIFORM, e Almudena, do equipo en España da marca.

Utilizando unha axenda de papel ou un cartón reprodutivo dificilmente se pode saber se o rabaño está mellor ou peor que no pasado, se a produción é máis eficiente e cal é a previsión. Necesítase tempo para chegar a conclusións, e estas moitas veces están baseadas en sensacións e non en datos de calidade.

Con UNIFORM-Repro POCKET, simplemente abrindo os menús de análises do programa, obtéñense ferramentas tremendamente útiles e fáciles de entender para a toma de decisións e a xestión diaria da granxa. Ademais, se o veterinario ou asesor é tamén usuario UNIFORM, pode recibir a información da explotación sempre actualizada de forma automática no seu programa, para un seguemento e análise máis profunda.

Todo isto engadido a que UNIFORM-Repro POCKET é unha ferramenta que se mantén en continua evolución e innovación. E sen renunciar a ningún dos servizos de atención ao cliente que ofrece UNIFORM-Agri, entre os que está o moi valorado servizo de soporte e axuda aos usuarios.

Máis información

  • Quere coñecer a opinión doutros? Visite a sección de testemuños na nosa web.
  • Gustaríalle saber máis sobre esta nova ferramenta?. Contacte con nós: Tel. 695 45 67 35 / ventas@uniform-agri.com
  • uniform pocket - promo

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *