A Asociación Galega de Apicultura (AGA) celebra unha nova edición da Xuntanza Abelleira 2026 o vindeiro sábado 21 de marzo, das 10 ás 19 horas, no recinto feiral Terra do Queixo, en Arzúa.
Neste evento haberá charlas destinadas aos apicultores, obradoiros para o público xeral de como facer xaropes e remedios con mel, tendas con alimentos de produción propia e local iy cosmética con mel, entre outros obradoiros. Tamén disporán dun espazo infantil durante todo o día para poder deixar aos nenos, ademais dunha polbeira para o xantar que servirá polbo, carne ao caldeiro e churrasco.
Este ano, logo de moitos sufrindo os embates da velutina, varroa e demais pragas, o sector apícola está especialmente consternado por unhas mortalidades non vistas en moitos anos. Polo que consideran especialmente importante apoiar aos produtores e tamén a este tipo de eventos nos que as e os apicultores teñen un punto de encontro no que poder compartir e artellar estratexias a futuro.


Galego









Control OJD