O Diario Oficial de Galicia recolle a orde da Consellería de Medio Rural pola que se establecen as axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Feaga e que se convocan para 2026 cun orzamento de 5.493.338 euros.
A finalidade destas axudas é mellorar o rendemento global das empresas do sector vitivinícola e a súa adaptación ás demandas do mercado, así como aumentar a súa competitividade. A través destas axudas fináncianse os investimentos materiais e inmateriais en instalacións de transformación e infraestruturas vinícolas, así como en estruturas e instrumentos de comercialización, mesmo co fin de mellorar o aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global e os procesos sustentables.
Poden beneficiarse delas as empresas vitivinícolas (fundamentalmente as adegas), as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica, así como as organizacións interprofesionais e as profesionais. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 30 de xaneiro do ano que vén.
Tamén buscan impulsar a sustentabilidade social e os procesos sostibles dende o punto de vista medioambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global e a utilización de enerxías renovables, entre outros. Outros obxectivos pasan por favorecer a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións, polo incremento da dimensión empresarial, pola participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor ou por impulsar os investimentos en comercialización e promover a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas.
Galego








Control OJD