No Mercado de Amio deste mércores houbo unha baixada de 10 euros no prezo da recría de todas as razas (Cruces Industrial Cor, Rubia Galega e Frisoa), que se suma ás baixadas das semanas pasadas. Tamén baixaron de media 0,15 euros as canais de todo o vacún maior para matadoiro.
En canto á Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega, a Mesa de Prezos decidiu por unanimidade unha nova baixada de 0,03 euros os prezos de todas as canles de ambas as categorías, Suprema e Tenreira.
Finalmente, a asistencia incrementous en 488 animais en relación ao mercado do pasado 8 de xullo, transcorrendo un total de 1406 reses. En detalle, houbo 1260 cabezas de vacún menor (453 máis que na sesión do 8 de xullo); 38 de vacún mediano (+2 animais) e 108 de vacún grande (34 reses máis).

Galego









Control OJD