Na sesión desta segunda semana de maio, o Mercado Nacional de Gando de Amio mantivo os prezos do pasado mércores no gando de abasto e de recría.
En canto ás categorías Suprema e Tenreira, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiou por unanimidade baixar 0,02 euros os prezos de todas as canais de ambas as categorías, unha baixada idéntica á da semana pasada.
Así mesmo, a afluencia de gando na sesión foi de 1.041 animais, 16 menos que a do pasado 6 de maio. En detalle, houbo 907 cabezas de vacún menor (3 máis que na sesón anterior); 37 de vacún medio (4 máis) e 97 de vacún grande (23 menos que o anterior mércores).
tern
Galego









Control OJD