
Na sesión deste mércores, 15 de abril, no Mercado Nacional de Gando de Amio mantivéronse os mesmos prezos da sesión anterior en todas as categorías e calidades de gando vacún que asistiron ao recinto compostelán.
Así, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por maioría baixar de novo os prezos en 0,02 euros para todas as categorías e as calidades desta carne. Hai dúas semanas xa baixaran os prezos en 0,03 € logo de varias semanas de subas.
Respecto do gando vacún de recría e o mediano e o maior de matadoiro que acudiu esta semana a Amio, a enquisa realizada entre os usuarios do recinto feiral arroxou que tamén se mantiveron os prezos da xornada previa.
Nesta sesión do 15 de abril a asistencia de gando foi de 1.100 reses, 537 menos que á do pasado 9 de abril, debido á reapertura de Silleda. En total houbo 971 cabezas de vacún menor (513 menos que na sesión anterior); 27 de vacún mediano (41 menos que na sesión anterior) e 102 de vacún grande (17 reses máis).

Galego








Control OJD