O Mercado Nacional de Gando de Amio, en Santiago de Compostela, celebrou este mércores unha sesión que segue a tendencia das últimas semanas: Baixadas de prezos en todas as categorías e tamén nas cotizacións da IXP Ternera Gallega.
En concreto, a mesa de prezos da IXP acordou por maioría baixar 0,03 euros os prezos de todas as canais tanto das categorías Ternera como de Suprema.
En canto ao gando que concorreu ao recinto feiral de Santiago, baixan 10 euros os prezos de toda a recría e 0,10 euros os das canais de todo o vacún maior para matadoiro.
Polo que respecta á asistencia foi de 1322 reses, 84 menos que á do pasado 15 de xullo. En concreto, houbo 1155 cabezas de vacún menor (105 menos); 31 de mediano (7 menos) e 136 de vacún maior (28 máis que a pasada semana).

Galego








Control OJD