Nova aplicación móbil da Xunta para mellorar a extinción dos lumes forestais

Nova aplicación móbil da Xunta para mellorar a extinción dos lumes forestais

A Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), finalizou o despregamento en produción dunha moderna aplicación para tablets, denominada XeoCode Lite, que permite xestionar en tempo real os lumes forestais sobre o propio territorio.

Para iso, os axentes e técnicos do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (Spdcif) poderán acceder a través dos móbiles ou das tablets a toda a información operativa sobre o lume: punto de inicio e evolución, recursos asignados, puntos de auga próximos, infraestruturas de defensa, cartografía vectorial e ráster actualizada, fotografía xeorreferenciada, últimos datos de observación e predición meteorolóxica, descargas realizadas polos medios aéreos, entre moitos outros datos.

A aplicación conta con buscador toponímico e de puntos quilométricos, localización GPS de todos os recursos e integración coas alarmas xeradas dende a Rede de comunicacións móbiles de emerxencia e seguridade de Galicia (Resgal), coas máis de 4.000 emisoras Tetra coas que conta o Servizo de incendios. Neste senso, XeoCode Lite permite visualizar o itinerario seguido polo persoal que xa se atopa no lume, como guía e ruta de acceso para os novos recursos que se incorporan, ademais de ofrecer cartografía de navegación estándar.

Prevese que estea plenamente implantada para a campaña de lumes deste verán

Do mesmo xeito, a aplicación permite deseñar de xeito áxil o mapa operativo, indicando os puntos de encontro, os cortalumes a realizar, as rutas que segue o lume, os perímetros provisionais, etc. Toda esta información compártese en tempo real co resto de dispositivos despregados no territorio e cos respectivos centros de coordinación responsables do seguimento de cada incendio.

Unha vez levadas a cabo as correspondentes xornadas de formación sobre a aplicación deste programa a axentes e técnicos de toda Galicia, ao longo deste mes comezarase a implantación da aplicación sobre o propio territorio, co fin de que se empregue a nova ferramenta coa antelación suficiente e que estea estendido o seu uso na campaña de incendios deste verán.

APP lumes_MR_XeoCode Lite I ap lumes_MR_XeoCode Lite III

Una idea sobre “Nova aplicación móbil da Xunta para mellorar a extinción dos lumes forestais

  1. Manuel González Abril

    Una guia y ventana de variacion de posibilidades my buenas en destintas actividades muy importates en nuestras tierras

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información