Nos concellos nos que se detecte presenza de couza guatemalteca e e se declare zona infestada non se poderá volver plantar pataca durante un período mínimo de dous anos. Establécense subvencións para os agricultores que teñan que destruír as súas colleitas -aínda sen concretar, pero que diversas fontes sitúan en 0,30 euros por quilo- e establécense sancións para os que incumpran as medidas de prevención e control.
Estas son a grandes liñas as principais medidas do Programa Nacional de Control e Erradicación da Tecia Solanivora, ou couza guatemalteca da pataca, que este venres aprobou o Consello de Ministros e que hoxe publica o Boletín Oficial do Estado (Boe).
O goberno finalmente moveu ficha e aprobou este Real Decreto debido á rápida expansión desta praga, que provoca unha diminución dos cultivos pero que non supón ningún perigo para a saúde humana. E é que se en 2015 a súa presenza na Península limitábase á área de Ferrol e comarca, a principios deste ano a Xunta de Galicia informou de que se estendeu a un total de 31 concellos do norte da Comunidade, alcanzando tamén a varios concellos do occidente de Asturias.
O obxectivo é evitar que a praga se estenda ás principais zonas produtoras de pataca, que no caso de Galicia son A Limia e Bergantiños, así como ao resto da Península.
O Real Decreto amplía e substitúe as medidas que aprobou nos últimos anos a Xunta de Galicia. Desta forma, o Plan Nacional establece zonas demarcadas que constarán de:
a) Unha zona infestada, composta, polo menos, polas parcelas e instalacións de almacenamento nas que se confirmou a presenza de Tecia en pataca que se someterán a vixilancia oficial. Toda parcela incluída na devandita zona e as patacas declararanse contaminadas. No caso de Galicia por agora a Xunta declarou zona infestada a 31 concellos de Ferrolterra, A Mariña lucense, Eume e Ortegal.
b) Unha zona tampón cunha anchura mínima de 1 quilómetro a partir do límite da zona infestada; cando unha parte da plantación estea comprendida na devandita anchura, toda a plantación incluirase na zona tampón que será sometida a vixilancia oficial.
Medidas obrigatorias nas parcelas situadas na zona infestada:
Nas parcelas en zona infestada:
a) Prohibirase a plantación de cultivos de pataca durante un período mínimo de dous anos. Transcorrido este prazo, a autoridade competente -neste caso a Consellería do Medio Rural- valorará a situación da praga, en especial se non se conseguiu alcanzar o obxectivo da erradicación, e poderá prorrogar o período de vixencia desta prohibición.
b) Desenterraranse todas as patacas das campañas anteriores, mediante un pase de arado, e eliminaranse os rebrotes de pataca, que aparezan durante o período de prohibición do cultivo de pataca. Ademais, todas aquelas plantacións de pataca existentes no momento de entrada en vigor deste real decreto, e que se declaren dentro dunha zona infestada, serán desenterradas baixo control oficial no período de tempo máis curto posible. As patacas e os rebrotes trasladaranse de acordo ao establecido no Real Decreto.
“Deberanse arrincar as plantacións de pataca nos 31 concellos galegos nos que se detectou a praga”
c) Colocarase unha rede de trampas de feromona sexual específica que se manterá polo menos durante dous anos.
d) Os movementos de patacas restrinxiranse de acordo ao disposto no Real Decreto, ata que a praga considérese erradicada.
e) Realizaranse tratamentos fitosanitarios con materias activas autorizadas no Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios para o cultivo seguinte (distinto de pataca) antes da súa plantación ou calquera outro tratamento que demostre similar eficacia e que sexa autorizado polo Comité Fitosanitario Nacional.
En instalacións de almacenamento de pataca en explotacións con destino ao autoconsumo en zona infestada:
a) Non se permitirá o almacenamento de patacas orixinarias de zonas infestadas.
b) Desinfectarase as paredes e o teito con materias activas autorizadas no Rexistro de Biocidas, e ventilarase adecuadamente antes de entrar.
c) Destruiranse os sacos e embalaxes que estivesen en contacto coas patacas contaminadas ou na mesma estancia.
d) Instalaranse trampas con feromona sexual específica para a captura de couza guatemalteca.
Concellos nos que se detectou en Galicia a couza guatemalteca:
Nas parcelas situadas na zona tampón:
a) Aplicaranse as medidas culturais que se acorden no seo do Comité Fitosanitario Nacional a través do Plan Nacional de Continxencia, ata a erradicación da praga na zona infestada.
b) Aplicarase un tratamento fitosanitario durante a fase de tuberización do cultivo e antes da colleita.
c) Levaranse a cabo inspecciones visuais pola autoridade competente en todas as parcelas, con periodicidade anual, e instalaranse trampas con feromona sexual específica para a captura de Tecia, unicamente baixo os criterios que se estableza polas autoridades competentes das comunidades autónomas, e valorando os riscos ata a erradicación da praga da zona infestada. Para iso deberán terse en conta as parcelas infestadas máis próximas, así como os ventos dominantes. No caso de capturas de Tecia, será declarado como zona infestada.
d)As patacas que se recollan non se poderán destinar a semente mentres a praga non se considere erradicada na zona infestada, e só poderanse destinar ao seu uso como patacas de consumo.
Almacenamento de pataca en almacéns particulares con destino ao autoconsumo en zona tampón:
Os agricultores que almacenen patacas con destino ao autoconsumo deberán levar a cabo unha vixilancia da pataca almacenada e poñer en coñecemento da autoridade competente da comunidade autónoma calquera dano compatible cos causados por Tecia, así como a presenza nas súas instalacións de larvas, pupas ou exemplares sospeitosos de pertencer a esta especie. Colocarase unha trampa con feromona sexual específica para a captura de Tecia mentres se manteña a delimitación da zona demarcada. No caso de capturas de Tecia, será declarado como zona infestada.
Indemnizacións:
O Programa Nacional de Control e Erradicación da Tecia Solanivora fala do establecemento de subvencións para os gastos ocasionados e as plantacións destruídos que financiará ao 50% en colaboración coa Xunta de Galicia, que nos próximos días está previsto que publique unha orde de axudas.
Fontes do sector apuntan a que as indemnizacións serán de 30 céntimos por quilo, aínda que falta por concretar como se compensará a pataca de semente xa comprada e mesmo as plantacións de pataca de cedo que xa se realizaron nalgúns casos.
En todo caso, o Real Decreto advirte de que non haberá indemnizacións cando os agricultores incumpran as medidas de prevención, control e erradicación establecidas.
Ademais, establécense sancións en caso de incumprimento do disposto neste real decreto, aplicándose o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei de Sanidade Vexetal.
O Programa Nacional de Control e Erradicación da Tecia Solanivora terá unha duración inicial de cinco anos.