A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Non existe a Agricultura ou Viticultura Sustentable sen o control de efluentes: Phytobac®

Non existe a Agricultura ou Viticultura Sustentable sen o control de efluentes: Phytobac®

Moito se fala de agricultura ou viticultura sustentable, pero o máis difícil é refucirse e pola en práctica. Hai moitos factores que hai que considerar ao porse niso, e sen dúbida, un dos primeiros é o tratamento dos efluentes.

Qúe son efluentes?

Durante a preparación do caldo de pulverización para realizar tratamentos fitosanitarios, ou no lavado posterior da maquinaria de aplicación, poden ocorrer derrames accidentais do caldo de aplicación, quedar sobrantes da aplicación, e, ao lavar o equipo tras o tratamento, unha cantidade de auga con restos de fitosanitarios. Toda esa cantidade de auga contaminada, son os efluentes.

Se estes efluentes non se xestionan ben, poden chegar ao auga subterránea ou superficial. Son, por tanto, un risco de contaminación puntual, que representa entre un 40% e un 90% das entradas de fitosanitarios nos cursos de auga.

Contaminación de augas?!: de aí o título tan categórico deste artigo. Hai que xestionar eses efluentes.

O artigo 39 do Real Decreto 1311/2012, de uso sustentable dos fitosanitarios, dá preferencia á eliminación dos efluentes por un sistema de xestión de efluentes.

Que son os sistemas de xestión de efluentes?

Trátase de instalacións ou dispositivos preparados para eliminar ou degradar residuos de fitosanitarios, distinguindo entre os seguintes tipos:

1) Principio de depuración física: os sistemas utilizados para a depuración física por evaporación están deseñados para facer evaporar completamente a auga do fluxo de residuos e poder eliminar a fracción restante como residuos químicos. Isto supón o inconveniente de ter que contratar unha empresa de xestión dese residuo seco.

2) Principio de depuración física-química: Trátase de diversas posibles técnicas de biodegradación e filtración, que aplican filtros de carbón activo, a oxidación ou a filtración por membranas, ou a deshidratación coa absorción a través dunha esteira de absorción. Sistema complexo e que ao final do proceso tamén supón o inconveniente de ter que contratar unha empresa de xestión dese residuo seco.

3) Principio de depuración biolóxica: Consiste na degradación dos efluentes de fitosanitarios por microorganismos (bacterias e fungos), como ocorre de forma natural no solo. Trátase dun sistema pechado cun leito de substrato biolóxicamente activo formado por terra de cultivo e materia orgánica, que se mantén en condicións de aireación e humidade axeitadas para manter os microorganismos vivos.

Neste principio baséase o desenvolvemento de Bayer Phytobac®

efluentes bayer phitobac

A instalación de Phytobac® de Bayer supón moitas vantaxes para o agricultor ou viticultor:

1. É sinxelo de instalar

2. É sinxelo de manter

3. O substrato biolóxico consta de terra da mesma leira cunha capa de palla para evitar unha deshidratación do leito biolóxico

4. Ao renovar o substrato (operación que se fai cada 8-10 anos), despois duns 6 meses da última achega de efluentes, os microorganismos xa degradaron os produtos fitosanitarios desa última achega, e ese substrato pode incorporarse directamente á parcela, evitando a custosa e engorrosa contratación dun xestor de residuos.

Só con terra da propia leira podemos facer o leito biolóxico?

Si. Bayer CropScience en Francia comezou os estudos en 1998 demostrando a degradación de diferentes materias activas polos microorganismos da terra da propia leira. En 2007, tras a elaboración do prego de condicións de Phytobac®, que garante as condicións que hai que respectar para o seu bo funcionamento, logrouse o recoñecemento de Phytobac® como un procedemento eficaz para o tratamento dos efluentes fitosanitarios, por parte das autoridades competentes.

Autor: Santiago Cerdá, Head of Mercadotecnia Activation Sustainable Agriculture manager Iberia

Se precisa de máis información, póñase en contacto co persoal de Bayer na zona ou co seu distribuidor oficial de Bayer

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *