‘Noelia Bebelia’, da subzona de Soutomaior, gaña o primeiro premio do Concurso Rías Baixas

Publicidade
‘Noelia Bebelia’, da subzona de Soutomaior, gaña o primeiro premio do Concurso Rías Baixas

Acto de anuncio dos gañadores.

A Cata Concurso do Albariño, correspondente á colleita do 2020, foi gañada este ano por primeira vez por un viño da subzona de Soutomaior, o ‘Noelia Bebelia’, da adega San Salvador de Soutomaior, que xa o ano pasado quedara en segunda posición. O resto de premiados este ano foron da subzona do Salnés. A medalla de prata recaeu en Gran Bazán Verde (Agro de Bazán) e a de bronce en Bouza do Rei.

O presidente do CRDO Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, describiu o pódium: “foi para unha adega pequena do D.O. e, logo, para dúas adegas tradicionais. É unha ledicia que unha empresa pequena gañe. Así pasaba antigamente nesta cata”. Os 22 expertos durante a Cata Derradeira avaliaron os viños en función da tipicidade propia desta D.O.

Ao acto asistiron o presidente do CRDO Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, así como o secretario do Capítulo Serenísimo do Albariño, Pedro Piñeiro. A apertura de plicas e o nomeamento dos viños vencedores estiveron supervisados pola notaria de Cambados, Mª Elena Loira -que actuou como fedataria-, e polo secretario do Consello Regulador, Ramón Huidobro.

A entrega de premios ás adegas galardoadas terá lugar o martes, 3 de agosto, ás 12 h. no Parador do Albariño en Cambados (Salón Bazán).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información