A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

New Holland presenta as súas novidades en tractores e no segmento de recolección

Francisco Zazzeta, novo director general de New Holland España. A marca aposta por liderar tódolos segmentos da gama de recolección. En tractores, presenta as novidades da gama T8 Genesis e T5 Dynamic Command

New Holland presenta as súas novidades en tractores e no segmento de recolección

Empacadora BigBaler 1290 HD.

New Holland España presentou estes días ó novo equipo e as novidades e obxectivos cos que afronta os próximos meses. O principal cambio é o nomeamento do novo director xeral de New Holland España, Francisco Zazzeta, que sustitúe a Ricardo Angelini. Francisco Zazzeta ten unha longa traxectoria en New Holland e nos seus inicios na marca, no 2007, xa vivira unha experiencia de traballo en España.

Nos últimos anos, Zazzeta acompañou a evolución da empresa. “Fixemos un cambio radical. Pasamos dunha comunicación institucional a unha comunicación de cliente a cliente, centrada no servizo e na aposta pola agricultura de precisión”, lembra.

Coa chegada de Zazzeta, reconfigúranse os equipos da marca en España. O sector de tractores, telescópicas e gama de construcción estará dirixido por Aitor Gatius, en tanto que o equipo de recolección e implementos pasa a estar liderado por Sixto Montblanc.

Francesco Zazzeta.

Francesco Zazzeta.

Na gama de recolección, New Holland encabeza en España o ranking de vendas en empacadoras e vendimiadoras, o que lle permite ser a primeira marca no conxunto do segmento de recolección. Como obxectivos máis inmediatos, a compañía márcase o obxectivo de avanzar en colleitadoras de cereal, picadoras de forraxe e recolectoras de olivar.

Para chegar a esa meta, Zazzeta anuncia unha gama máis ampla de maquinaria, con calidade e mellores servizos para o agricultor.

En tractores, un mercado masivo, moi competitivo e con múltiples orientacións, New Holland oriéntase a competir cun investimento continuo en novas tecnoloxías e mellor equipamento. “O obxectivo é aumentar o confort, a produtividade, a seguridade e a conectividade dos tractores”, explica Zazzeta.

A complicación do mercado de tractores radica en dúas cuestións. Por un lado a competitividade, con múltiples marcas especializadas e outras orientadas ó prezo, e por outro o aumento de necesidades en cuestións como a agricultura de precisión e a dixitalización. “Hai necesidades que medran, pero o poder adquisitivo dos clientes non aumenta”, explica Zazzeta, que lembra tamén o cambio que se produciu no mercado de tractores coa normativa que restrinxiu as emisións.

Ao respecto das emisións, New Holland tiña previsto para este ano o lanzamento do T6 Methane Power, pero finalmente aprazouno ata o 2021 polo coronavirus.

En relación cos servizos ligados á venda de tractores, New Holland oriéntase a unha garantía extendida, con mantementos programados, e ofrecerá un servizo de solución de avarías en campo que compromete a resolución das incidencias en 48 horas. “O aumento da nosa cota de mercado en tractores será consecuencia da mellora en calidade e servizos”, pronostica Zazzeta.

Servizo PLH Intelligence en tractores

As novidades que está a lanzar New Holland en tractores foron explicados por Álvaro Almarza, que incidiu na gama T8 Genesis, con tractores entre 280 e 450 cabalos de potencia, orientados a clientes de servizos e grandes extensións. Son tractores nos que se cuidou a ergonomía da cabina, xa que os operadores teñen que pasar moitas horas neles. Os mandos son personalizables e tódolos controles se manexan desde o reposabrazos ‘Sidewinder’, con novas funcións como bluetooth para o móbil ou climatización.

Esta gama T8 Genesis incorpora o módulo PLH Intelligence, que facilita o procesado de datos e a conectividade. Con el, é posible recibir asistencia remota, pois pódese compartir o monitor e pódense lograr diagnósticos en remoto ou recibir actualizacións de software.

Tamén supón un apoio para a coordinación de actividade en campo, pois a conectividade de datos permite valorar a distancia as accións seguintes na parcela.

T5 Dynamic Command, un T6 en tamaño T5, ideal para ganderías

T5 Dynamic Command ap

Este segundo semestre do ano, New Holland está potenciando o T5 Dynamic Command, que ten as prestacións propias da gama T6, pero no tamaño dun T5, o que facilita a maniobrabilidade en explotacións gandeiras, cun áxil traballo con implementos frontais.

A gama móvese entre os 100 e os 150 cabalos, unha motorización media caracterizada pola súa fiabilidade e consumos, pois foi testada conxuntamente con Iveco. Entre os elementos característicos do T6 que inclúe o T5 Dynamic Command, figura a cabina, con visión superpanorámica, e a transmisión hidráulica.

O tractor ten un ángulo de xiro de 55º e unha altura de 2,70 metros, o que o fai óptimo para traballar no interior de explotacións gandeiras e tamén baixo arborado.

Na cabina, incorpora o apoiabrazos ‘Side Winder 2’, cunha palanca multifunción na man dereita que facilita o traballo co implemento dianteiro, ben pala, ben pincho ou outro.

A transmisión do T5 Dinamyc Command caracterízase pola súa eficiencia e confort, con 8 relacións de marchas que cubren tódolos traballos. Son manexables cunha interfaz sinxela e con automatismos, incluíndo parada intelixente co pedal do embrague e aforro de combustible.

Recolección
Entre os produtos novidosos da gama de recolección, New Holland destaca a nova empacadora BigBaler 1290 HD. Entre os seus puntos fortes, atópase a caixa intermedia de arranque e, sobre todo, os novos atadores Loop Master, con tecnoloxía patentada que garantiza o mellor atado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *