A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

New Holland presenta o tractor T8 sen condutor, que funciona sincronizado cunha colleitadora

A solución Raven Autonomy™ pódese equipar nos tractores xa existentes para determinadas operacións de carga no campo

New Holland presenta o tractor T8 sen condutor, que funciona sincronizado cunha colleitadora

Cabina do T8 autónomo.

New Holland presentou na feira SIMA, de París, o tractor T8 con tecnoloxía Raven Autonomy, a aplicación de carga con remolque sen condutor. Esta solución permite sincronizar en campo unha colleitadora cun tractor con remolque, de forma que o condutor da colleitadora monitorice e manexe o tractor sen operador desde a cabina da colleitadora.

Eric Weaver, Director Global de Tecnoloxía de Precisión de New Holland, afirmou: “O T8 evolucionou para converterse no tractor máis intuitivo xamais visto no campo. Coa integración da tecnoloxía agrícola sen condutor de Raven, a plataforma incorporou capacidades autónomas en aplicacións de recolección, o cal ofrece enormes vantaxes nun mercado con man de obra limitada como o actual. A tecnoloxía sen condutor é agora unha realidade e está totalmente integrada nos produtos de New Holland, grazas á experiencia de Raven.

A marca subliña que o estado actual das normativas en materia de autonomía é moi diverso en todo o mundo e que non pode predicir a súa evolución, polo que se está preparando para diversos escenarios.

O T8 con Raven Autonomy está pensado para o seu uso en campo, en paralelo a unha colleitadora de gran. A sincronización automática da colleitadora e do remolque evita perdas de gran durante a carga. Unha vez finalizada, o tractor regresa a unha zona de descarga final predeterminada. Toda a operación lévase a cabo sen necesidade dun segundo operador.

Presentación do tractor utilitario TS5

T5S NEW HOLLAND

New Holland presentou tamén o novo T5S, un tractor utilitario de tamaño mediano con dous modelos de 90 CV e 100 CV, e unha selección de opcións de transmisión totalmente mecánica e con inversor electrohidráulico.

Cunha distancia entre eixos de 2.350 mm e un peso de aproximadamente 4 toneladas, o T5S é un tractor todoterreo para explotacións gandeiras e mixtas, garantindo a máxima versatilidade con implementos dianteiros e traseiros, desde a manipulación de materiais ata herba seca e forraxe, con tarefas como laboreo lixeiro, fertilización e transporte. O TS5 é finalista na categoría de mellor tractor utilitario nos premios Tractor do ano 2023.

Dúas medallas de bronce nos premios SIMA 2022 de Innovación

As innovacións de New Holland Agriculture en tecnoloxía de colleitadoras e no avance cara a unha economía circular de carbono foron recoñecidas con dúas medallas de bronce nos Premios á Innovación de SIMA 2022. Estas son as innovacións galardoadas:

  • New Holland Grain Cam™ Mobile app, unha aplicación para o cálculo sinxelo e preciso das perdas de gran no campo. A idea é garantir un desperdicio mínimo de gran e o uso máis sostible de maquinaria e combustible.
  • Tractores alimentados con biometano comprimido. A segunda medalla de bronce de New Holland nos Premios á Innovación de SIMA está relacionada directamente co compromiso da marca de reducir as emisións de CO2, que consolidou a New Holland como líder en enerxía limpa, con máis dunha década de promoción activa e desenvolvemento de combustibles renovables e tecnoloxía agrícola sostible.

    No 2021, CNH Industrial investiu en Bennamann, unha start-up con sede no Reino Unido que traballa no ámbito da innovación no proceso de produción e almacenamento de metano. Ese mesmo ano, New Holland lanzou o primeiro tractor comercial propulsado por metano, o T6.180 ElectroCommand Methane Power, que funciona con biometano comprimido. Este foi o primeiro paso cara ao uso de combustibles alternativos na agricultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *