A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

New Holland lanza o seu novo tractor T7 Heavy Duty

A empresa presentou o seu novo modelo insignia no evento de lanzamento virtual Intelligent Farming All Ways, destacando a visión da marca da agricultura 4.0 e o seu compromiso de facer que as vantaxes das tecnoloxías agrícolas intelixentes estean amplamente dispoñibles para os produtores

T7HD_VisualBigBaler

New Holland Agriculture presentou o novo tractor insignia T7 Heavy Duty (HD) á prensa especializada europea nun evento de lanzamento virtual. Baixo o título de INTELLIGENT FARMING ALL_ WAYS, o evento destacou a visión da marca da agricultura 4.0 e o seu compromiso con poñer amplamente ao dispor dos agricultores as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías de agricultura intelixentes.

O novo T7 HD mantén o potente rendemento, a excepcional axilidade e a extraordinaria versatilidade que caracterizan a este tractor e ofrece unha experiencia de traballo superior coa nova cabina Horizon Ultra e as funcións PLM Intelligence de última xeración. Resulta ideal para empresas de servizos que realizan múltiples tarefas nunha gran variedade de aplicacións de campo e transporte, buscando mellorar o seu confort, eficiencia e produtividade.

Deseñamos a nova cabina Horizon Ultra para proporcionar a mellor experiencia de traballo con todo o espazo, confort e acabado, sendo ademais a cabina máis silenciosa do mercado

“Preguntamos aos nosos clientes cales eran as expectativas para o seu futuro tractor e desenvolvimos o T7 HD de nova xeración baseándonos nas súas demandas, polo que este ofrece todo o que soñan ter”, afirma Sean Lennon, vicepresidente de New Holland Agriculture para Europa. “Deseñamos a nova cabina Horizon Ultra para proporcionarlles a mellor experiencia de traballo con todo o espazo, confort e acabado de calidade que demandaban e a cabina máis silenciosa do mercado. Ademais, o PLM Intelligence de última xeración facilitaralles o acceso ás nosas solucións de agricultura intelixentes, que ofrecen un importante valor engadido en termos dunha mellor toma de decisións e execución precisa, mellorando a súa eficiencia e rendibilidade”, engade.

Só aproveita o 2% das pezas do modelo anterior

El sistema de iluminación exterior dotado con 24 luces led garantiza la visión perimetral tanto del tractor como del apero

O sistema de iluminación exterior dotado con 24 luces led garante visión perimetral nocturna de tractor e apeiro

A cabina Horizon Ultra foi redeseñada desde cero para satisfacer as expectativas máis esixentes dos clientes: “O T7 HD pode parecer o mesmo desde o exterior, co mesmo aspecto compacto e elegante”, explica Óscar Baroncelli, director de Xestión de Produto Global para Tractores New Holland Agriculture, “pero é totalmente novo no interior: tan só o 2% das pezas proceden do modelo anterior. Está máis conectado ca nunca e establece un novo récord como o tractor máis silencioso do sector, con tan só 66 dBA. Cremos que vai transformar a experiencia dos nosos clientes cando traballen no campo”, asegura.

Un novo sistema de luces de traballo con ata 24 loces LED garante a visibilidade pola noite ao redor do tractor e o apeiro

O T7 HD mantén o “carácter familiar” da gama T7, á vez que ofrece unha espazosa contorna de traballo onde o condutor se sinte moito menos pechado na estrutura da cabina. A cabina alongouse para proporcionar espazo adicional ao acompañante e no chan. Os clientes saberán apreciar o amplo espazo de almacenamento dispoñible: un espazo de 30 litros detrás do asento que albergará calquera material do operador, un compartimento refrixerado de 12 litros de capacidade, un espazo de almacenamento cuberto detrás do asento do acompañante cun punto de carga USB e unha toma de tensión de rede, bandexas de almacenamento abertas no lado dereito da cabina e unha bandexa de rede no embelecedor do teito. O novo deseño mellorou aínda máis a visibilidade dianteira e do elevador e implemento traseiros, mentres que as cámaras vixían a zona que rodea o tractor.

T7 HD: para clientes que esperan máis confort, espazo e conectividade

A espazosa cabina proporciona unha contorna de traballo sumamente cómoda con superficies limpas e despexadas, e un funcionamento intuitivo coa disposición ergonómica dos mandos no novo repousabrazos SideWinder Ultra e a sinxela pantalla IntelliView de 12 polgadas. Os mandos poden configurarse conforme ás preferencias do operador e a personalización pode ser tan sinxela e exhaustiva como se desexe. A pantalla CentreView situada no centro do volante é un fito no sector e ofrece unha clara liña de visión.

A pantalla CentreView, situada no centro do volante, é un fito no sector

O novo sistema automático de climatización líder na súa clase, con selección de zona e un 35% máis de capacidade que o modelo anterior, mantén facilmente unha temperatura confortable en todas as estacións. O asento superior da gama, Auto Comfort, incorpora suspensión lateral e un sistema de climatización que elimina a humidade nos días calorosos e quenta nas mañás frías. A conectividade avanzada da cabina Horizon Ultra permite aos clientes levar o mundo dixital a bordo sen esforzo, xa que o seu dispositivo móbil conéctase automaticamente á pantalla e pode manexarse cun botón no repousabrazos.

PLM Intelligence: cara a agricultura 4.0

La pantalla en el centro del volante es una novedad que incorpora este nuevo modelo

A pantalla no centro do volante é unha novidade que incorpora este novo modelo New Holland

O T7 HD introduce o PLM Intelligence de última xeración, que representa un paso adiante na estratexia de agricultura de precisión de New Holland. Marca o cambio das prácticas agrícolas tradicionais á agricultura 4.0., onde a agricultura interconectada e de precisión axuda aos agricultores para planificar todas as operacións de antemán, xestionar en tempo real o comportamento e rendemento de cada máquina e obter a máxima precisión e eficiencia.

“Estes novos desenvolvementos son o resultado da estratexia de New Holland de estar cada vez máis conectados cos nosos clientes”, apunta Carlo Lambro, presidente da marca New Holland. “A servitización e a dixitalización son as portas do futuro. Fixeron posible integrar a presenza física ao volante cunha variedade de servizos dixitais que axudan aos agricultores para facer o seu traballo e garántennos estar sempre á beira dos nosos clientes”.

As aplicacións de agricultura de precisión pretenden facilitar a toma de decisións do operador á vez que optimizan o rendemento e os custos dos insumos

O PLM Intelligence de última xeración é unha nova arquitectura electrónica que se adoptará en todos os equipos New Holland de última xeración para que os clientes atopen a mesma lóxica ao cambiar de máquina e poidan acceder facilmente aos datos para facer o traballo dunha maneira máis eficiente. Isto forma parte da estratexia de New Holland de integrar as tecnoloxías dixitais para ofrecer unha agricultura intelixente e conectada, con solucións fáciles de usar que fagan que a agricultura sexa máis sostible e produtiva. Entre elas atópanse as aplicacións de agricultura de precisión tradicionais, que pretenden facilitar a vida do operador á vez que optimizan o rendemento e os custos dos insumos, así como as solucións baseadas na conectividade e monitoraxe, centradas en mellorar a produtividade da máquina, e as solucións baseadas na nube e na análise e planificación de datos para facilitar as decisións de xestión agrícola.

Grazas á app MyNewHolland, os clientes poden rexistrar a súa máquina e recuperar a súa información técnica, ademais de acceder ao portal MyPLMConnect, onde poden xestionar os datos das súas explotacións e frotas nunha única contorna. O sistema MyPLMConnect permítelles recibir información dinámica en tempo real de máquinas individuais traballando no campo e analizar os datos para tomar decisións fundadas.

Asistencia técnica a distancia e monitoraxe de fallos

New Holland tamén introduce o novo receptor PLM Cygnus, que é fundamental para a arquitectura de autoguiado mellorada nos tractores que incorporan PLM Intelligence. Este receptor proporciona unha posición fiable, compensando as variacións do terreo, e axuda a adquirir as liñas de guiado con gran rapidez, ofrecendo un guiado preciso e seguro. O receptor tamén admite as fontes de corrección baseadas en satélite de New Holland, ademais da corrección RTK sumamente precisa distribuída pola rede PLM RTK+ da marca.

O T7 Heavy Duty incorpora unha arquitectura de augoguiado mellorada

A conectividade avanzada de New Holland tamén axuda aos clientes para minimizar o tempo de inactividade. A máquina está conectada co agricultor e o concesionario, que pode monitorar a localización e o estado das unidades conectadas rexistradas. Tamén pode realizar un diagnóstico remoto a través da ferramenta New Holland Remote Assistance e axudar ao operador na cabina coa función IntelliView Connect, que permite compartir sesións en pantalla. A máquina tamén está conectada coa sala de control de New Holland, que avisa ao concesionario de códigos de erro, suxire solucións e mesmo evita posibles fallos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *