A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

New Holland lanza a nova rotoempacadora de cámara fixa Roll-Bar 125

A nova Roll-Bar 125 é a sucesora da superventas no segmento de rotoempacadoras de cámara fixa: a BR 6090. A marca destaca que mellora aínda máis o seu rendemento, facilidade de mantemento e durabilidade, con novas prestacións

New Holland lanza a nova rotoempacadora de cámara fixa Roll-Bar 125

New Holland incorporou a nova empacadora Roll-Bar 125, que conserva o equilibrio de prezo-rendemento que caracteriza ao anterior modelo, a BR 6090, e combínao cunha serie de novas prestacións. Dispoñible en dúas versións, Rotor Feeder e Rotor Cutter, a nova empacadora introduce un novo estilo moderno cunha protección lateral de gran tamaño que facilita o acceso para operacións de mantemento.

A Roll-Bar 125 destaca pola súa excelente flexibilidade: a combinación do gran rodillo no chan, o rodillo inicial e as resistentes barras de aceiro de rotación de pacas do acreditado sistema da cámara de empacado Roll-Bar garanten unha rápida formación do núcleo e unha acción de rotación fiable nunha gran variedade de condicións e cultivos, desde palla seca até ensilado húmido.

Felix Ramuenke, Responsable de Produto Global para empacadoras xigantes e rotoempacadoras de cámara fixa, afirma: “A empacadora de cámara fixa máis vendida no mercado ten unha digna sucesora coa Roll-Bar 125, que se mantén fiel ao ADN do seu importante legado. Con novas prestacións e opcións adicionais, é a elección adecuada para agricultores que buscan unha empacadora robusta, sinxela e versátil para os principais cultivos e condicións, desde palla seca até ensilado húmido”.

A nova prestación máis visible da Roll-Bar 125 é a protección lateral introducida co novo estilo e deseño. A súa robusta estrutura soldada garante durabilidade, mentres que as bisagras superiores das portas, a ampla apertura e os soportes dos amortiguadores facilitan o acceso aos puntos de mantemento. Tamén ofrece espazo protexido para gardar rolos de rede de reposto.

Os novos adhesivos destacan as liñas fluídas do novo estilo. Modificouse o bastidor principal da empacadora e engadiuse un amortiguador a ámbolos dous lados entre o bastidor principal e o portón traseiro para garantir un peche suave. As luces dianteiras recolocáronse para aloxar as proteccións laterais de novo deseño.

Baixo o capó, a nova empacadora introduce melloras que aumentan a durabilidade e reducen os custos de mantemento: cadeas de transmisión de alta calidade con pasadores cromados e placas endurecidas cun ciclo de vida máis longo, e novos rodamentos selados que evitan a
contaminación por po. Un acreditado inversor hidráulico de rotor con embrague de marcha libre está agora dispoñible nos modelos Rotor Feeder para facilitar a eliminación de obstrucións cando se produce un bloqueo no rotor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *