A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

New Holland garante o seu servizo de pezas e recambios

A compañía CNH Industrial, matriz da marca, destaca que puxo en marcha tódalas medidas precisas para protexer aos seus equipos de traballo

New Holland garante o seu servizo de pezas e recambios

CNH Industrial Aftermarket Solutions, a división que garante o servizo técnico dentro de CNH Industrial e as marcas da empresa, Case IH, Steyr e New Holland Agriculture, puxo en práctica as medidas necesarias para protexer as forzas de traballo conxuntas durante estes tempos sen precedentes.

Sobre esa base, CNH Industrial Aftermarket Solutions “está a traballar máis que nunca para manter as operacións de recambios en funcionamento durante a situación actual”. O obxectivo claro é apoiar aos concesionarios no servizo das necesidades dos agricultores, sendo a saúde e a seguridade de todos os involucrados unha prioridade. Tendo isto en conta, a compañía indica que é importante remarcar as seguintes mensaxes:

– Os almacéns de pezas europeas funcionan como de costume, respectando todas as directrices de saúde e seguridade dos gobernos locais.

– Os transportes en curso na maioría dos casos estanse realizando sen atrasos en comparación cos prazos de entrega normais. As entregas de carga aérea en toda Europa incrementáronse para garantir curtos tempos de resolución.

– O soporte de Recambios e os responsables de Vendas de Recambios están a traballar a distancia en todas as sedes europeas para asegurar o mesmo nivel de servizo mentres se protexe a saúde e a seguridade de todos os empregados.

– Os concesionarios europeos están abertos ou dispoñibles por teléfono para apoiar aos clientes que soliciten pezas esenciais para o mantemento e o apoio do traballo de campo.

– Os equipos de soporte técnico están a traballar a distancia pero están totalmente dispoñibles para apoiar aos concesionarios e clientes, especialmente cando a tempada está a comezar en toda a rexión europea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información