Nestlé prevé que a finais deste ano todas as granxas españolas que colaboran coa compañía estean certificadas en benestar animal tendo en conta a “Guía de prácticas correctas para gandarías de vacún do leite INLAC”. AENOR e CERTICAR auditan estas certificacións cada ano.
Así mesmo, Nestlé tamén ten en conta os requisitos establecidos pola World Animal Protection á hora de certificar estas explotacións. Para iso, analízanse aspectos como a trazabilidad do leite, a alimentación, o benestar animal, a calidade da materia prima, a sanidade ou as medidas ambientais desenvolvidas pola granxa, entre outras.
Ademais, en relación ao benestar animal, a compañía potencia as denominadas “5 liberdades” recoñecidas pola Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE), centradas en que os animais se sintan “libres de fame, sede e desnutrición; libres de medos e angustias; libres de incomodidades físicas ou térmicas; libres de dor, lesións ou enfermidades e libres para expresar as pautas propias de comportamento”, destaca Javier Gómez Iruretagoyena, responsable de Aprovisionamento Lácteo de Nestlé España.
Un total de 8 asesores -4 na fábrica de Pontecesures, 2 na da Penilla e 2 na de Sebares, – aconsellan aos gandeiros de forma continuada coas mellores prácticas a desenvolver no campo co obxectivo de obter un leite de maior calidade, ser máis competitivos e manter aos animais de forma saudable e confortable, proporcionándolles coidados veterinarios, alimenticios e de saúde. “Esta relación directa dos gandeiros cos asesores de Nestlé garántenos saber non só de onde vén o leite que recibimos en fábrica senón tamén coñecer como se produciu”, concluíu o responsable de Aprovisionamento Lácteo de Nestlé España.
A compañía prevé recoller este ano en Galicia e a Cornixa uns 180 millóns de litros de leite
As fábricas de Nestlé situadas na cornixa cantábrica e en Galicia proveranse durante este ano duns 180 millóns de litros de leite fresco que serviron como materia prima nas liñas de produción dos centros situados na Penilla de Cayón (Cantabria), Pontecesures (Pontevedra) e Sebares (Asturias).
Para iso, a Compañía conta con preto de 300 gandeiros situados nun radio medio de 50 quilómetros ao redor das factorías.