A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Nergetic Dynamic asegura nunha única aplicación as necesidades de nitróxeno, fósforo e potasio do millo para ensilado

Nergetic Dynamic asegura nunha única aplicación as necesidades de nitróxeno, fósforo e potasio do millo para ensilado

O cultivo de millo é moi esixente en nutrientes principais, como son o nitróxeno, que é o motor do seu crecemento xa que é o compoñente principal dos aminoácidos que integran as proteínas. Tamén necesita unha boa achega de fósforo, que é a fonte de enerxía necesaria para o desenvolvemento do cultivo e para un bo enraizamento, sendo imprescindible na xerminación, crecemento vexetativo e pre-floración (é importante aplicalo canto antes). E, por último, o potasio, cuxo papel máis importante é o proceso de traslado de azucres, que son os que a planta mobiliza no momento do enchido de grans.

A estas necesidades de nitróxeno, fósforo e potasio (NPK) do cultivo, hai que engadir as condicións especiais do millo en zonas como Galicia, que están marcadas por dúas características agronómicas claves: o ciclo curto do cultivo e a elevada pluviometría da zona. Así, os produtores de millo para ensilado buscan aplicar dunha soa vez todos os nutrientes que necesita o cultivo e, o que é máis importante, que os nutrientes non se perdan no chan polo efecto de lixiviación provocado por unha choiva excesiva.

Para responder a estas condicións especiais do cultivo, Fertiberia TECH conta coa súa gama Nergetic DYNAMIC que, nunha soa aplicación, pon a disposición do millo para ensilado o nitróxeno, fósforo e potasio que necesita durante todo o ciclo. Ademais, esta gama incorpora a nova tecnoloxía DUO PRO, que conta con dúas tecnoloxías innovadoras para protexer o nitróxeno e o resto de nutrientes, permanecendo activos no chan durante máis tempo. Doutra banda, a disolución dos nutrientes de DYNAMIC nun xel específico consegue que estean dispoñibles para a planta mesmo en condicións de baixa pluviometría en determinados momentos do ano.

Fertiberia-Tech-Nergetic-Dynamic-Geral

Sanidade da planta, maior produción e calidade

Fertiberia TECH conseguiu dar un paso máis na evolución do abonado coa súa gama Nergetic DYNAMIC coa tecnoloxía DUO PRO, ofrecendo un fertilizante complexo, en forma de gránulos esféricos homoxéneos, que incorpora todos os nutrientes inmediatamente dispoñibles para o cultivo e protexidos para evitar perdas. “Estamos ante o único fertilizante do mercado con dúas tecnoloxías que evitan en gran medida o lavado de todas as formas do nitróxeno e xofre”, aseguran dende Fertiberia TECH.

No caso específico do nitróxeno, DUO PRO dálle unha dobre protección, física e química. A protección física vai en forma de polímero regulador que recubre os gránulos de fertilizante e frea as perdas por lixiviación de nitróxeno nítrico e amoniacal. A protección química achégaa o inhibidor da nitrificación, que consegue unha diminución da lixiviación de nitróxeno nítrico. Con iso auméntase aínda máis a eficiencia do uso do nitróxeno por parte dos cultivos.

Así, con esta nova tecnoloxía conséguese un maior verdor do cultivo e, por conseguinte, unha excelente sanidade de planta até final do ciclo. Ademais, conséguense aumentos de cantidade e calidade de forraxe (materia seca, amidón e proteína).

No cultivo do millo para ensilado nas zonas de Galicia, Asturias e Cantabria, Fertiberia TECH recomenda o uso de Nergetic DYNAMIC D403/D404 pola súa formulación específica de NPK adaptada á zona e o cultivo.

Máis información na APP Fertiberia TECH 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *