A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Navigator amósalle o seu ciclo produtivo a propietarios forestais e técnicos

Un grupo de 42 persoas realizou unha viaxe a Portugal, con visitas ó centro de investigación da compañía, ós seus viveiros e plantacións forestais, e á planta de papel de Figueira da Foz

Navigator amósalle o seu ciclo produtivo a propietarios forestais e técnicos

Visita a unha plantación de Valença do Minho xestionada por Navigator. / Imaxes cedidas.

Navigator vén de organizar unha viaxe a Portugal para que propietarios forestais e técnicos do norte de España coñezan como traballa todo o seu ciclo forestal e industrial. Navigator, con factorías de pasta, papel e tisú en Portugal e España, mantén relación cotiá con propietarios e empresas forestais do norte de España, pois a firma ten alugadas máis de 1.500 hectáreas de monte para plantacións de eucalipto na Cornisa Cantábrica, ademais de abastecerse aquí de madeira para as súas factorías.

Unha delegación de 42 persoas, propietarios forestais e técnicos do norte de España participou recentemente na viaxe organizada por Navigator a Portugal, na que se visitou o centro de investigación da firma, os viveiros da empresa, plantacións de eucalipto en monte e o complexo industrial de Figueira da Foz.

Navigator destaca por xestionar todo o ciclo produtivo, desde a investigación para lanzar novos clons e híbridos de eucalipto ó mercado ata a produción do papel que chega ó consumidor.

Este é un resumo dos puntos visitados durante a viaxe a Portugal, de tres días de duración:

  • Plantación de eucalipto en Valença do Minho, onde se abordou o sistema de xestión que emprega o equipo de Navigator nas plantacións de xestión propia, tanto en Portugal como no norte de España. O responsable, Joao Bandeira, e os técnicos Mónica López e Jorge Ramos explicaron as operacións forestais programadas e ensinaron as parcelas demostrativas que manexan, nas que se puideron ver distintos tratamentos selvícolas aplicados e o seu efecto no crecemento e estado sanitario da masa.
  • Imaxe de grupo na plantación de Valença do Minho.

    Imaxe de grupo na plantación de Valença do Minho.

  • Centro de Investigación Forestal e Industrial RAIZ (Aveiro), con máis de 94 técnicos e investigadores. Os responsables de RAIZ, Carlos Neto, Joao Ezequiel, Daniela Ferreira y Claudio Teixeira, presentaron as diferentes áreas de traballo do centro, que é unha referencia no sector a nivel internacional.

    Puidéronse ver os materiais xenéticos (híbridos) nos que está traballando RAIZ, así como os biofertilizantes ou o monitoreo de masas forestais con drons. O estudo dos terreos forestais antes da plantación, cun laboratorio adicado á análise de solos, é outro dos servizos que lle presta o centro á división forestal de Navigator.

    A delegación galega nunha das presentacións en RAIZ.

    Explicación do programa de mellora xenética por parte da técnico responsable, Daniela Ferreiro.

    Unha segunda liña de traballo de RAIZ está na parte industrial, na que abordaron os diferentes produtos de tisú, papel, embalaxes, envases alimentarios ou biocombustibles nos que traballan.

    A visita pechouse cun percorrido pola Quinta de San Francisco, na que se atopa o centro de investigación, que conta con máis de 350 especies, das que 80 son diferentes variedades de eucalipto. É un dos maiores arboretos de eucalipto fóra de Australia, sendo visitado por máis de 7.000 estudantes ó ano.

  • Percorrido pola Quinta de San Francisco, o maior arboreto de eucaliptos de Europa.

    Percorrido pola Quinta de San Francisco, o maior arboreto de eucaliptos de Europa.

  • Complexo industrial de Navigator en Figueira da Foz. O director xeral de Abastecemento, Loxística e Arrendamentos de Navigator, Gonçalo Vieira, recibiu á delegación e presentoulle o conxunto de actividades da factoría, na que se fabrica pasta e papel. De Figueira da Foz sae o célebre papel A4 Navigator, así como outras marcas, sendo o primeiro o máis vendido da súa gama a nivel europeo.
    Gonçalo Vieira presenta o ciclo produtivo da factoría.

    Gonçalo Vieira presenta o ciclo produtivo da factoría.

    Figueira da Foz destaca por ser un complexo que realiza tanto a primeira transformación da celulosa como a elaboración do produto final, é dicir, é un proceso integrado. Isto permítelle gañar en eficiencia enerxética e industrial, pois a planta traballa en cadea e a celulosa transfórmase directamente en papel, sen ter que pasar por un proceso de secado e posterior dilución.

  • Imaxe do grupo en Figueira da Foz.

    Imaxe do grupo en Figueira da Foz.

    Viveiros Aliança.

    Viveiros Aliança.

  • Viveiros Aliança. O grupo Navigator ten os seus viveiros nas inmediacións de Setubal, nun área de 20 hectáreas, inscrita nunha finca que suma máis de 1.700 hectáreas.

    Unha parte do equipo do viveiro, Miguel Ferrinho, Carmen Correia y Ana Barros, presentaron a xestión que se fai no viveiro e realizaron unha visita de 3 horas pola área de pés nai dos clons e híbridos que alí se producen. Os técnicos explicaron os procesos de mini estaquillas e macro estaquillas que seguen para multiplicar os eucaliptos e os propios visitantes puideron practicar eles mesmos a técnica do estaquillado.

    Para finalizar a visita, pasouse pola área de planta ornamental de Navigator e polas adegas de produción de viño propio da empresa.

  • Traballo no viveiro.

    Traballo no viveiro.

Sobre Navigator

Produtos de Navigator.

Produtos de Navigator.

Navigator conta con catro complexos industriais en Portugal e cun en España (Zaragoza). Recentemente, ademais, adquiriu a maior empresa de tisú do Reino Unido. Navigator é lider europeo en produción de pasta e de papel de oficina (UWF) e é o segundo maior produtor de tisú da Península.

Xunto coa parte industrial, a compañía tamén é a empresa forestal con maior superficie xestionada na Península Ibérica, con máis de 109.000 hectáreas. En total, Navigator emprega a preto de 3.500 persoas e comercializa os seus produtos en máis de 130 países.

02_banner_Navigator_660x120

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *