Navigator, unha compañía papeleira con fábricas en Portugal, España e Reino Unido, acumula 70 anos de experiencia na xestión de terreos forestais. En Galicia, Navigator é desde hai un par de décadas un comprador de referencia de madeira de eucalipto e, desde 2018, ademais, aluga e compra terreos forestais aptos para o cultivo de eucalipto. Na actualidade ten máis dun cento de contratos asinados con propietarios e comunidades de montes galegas e asturianas.
Repasamos as opcións de contrato que a empresa ofrece a propietarios particulares e comunidades de montes. O responsable do equipo técnico de Navigator en Galicia e Asturias, Óscar Fernández, explícanolas.
Duración dos contratos
“Traballamos con tres períodos de duración estándar: 15, 24 e 30 anos, pero é algo que se pode modificar en función das circunstancias”, sinala.
“Se, por exemplo, a parcela que nos ofrece un propietario ten un lote de madeira a medio turno, podemos encargarnos da xestión da parcela ata o final do turno e executar a seguinte plantación”, explica Óscar.
Os arrendamentos ofrécense cunha duración estándar de 15, 24 ou 30 anos
No caso de parcelas con madeira a final de turno que acorden un alugueiro posterior á corta, Navigator tamén pode ofrecerlle ao propietario a compra da madeira. Normalmente, Navigator compra eucalipto en Galicia só a empresas madeireiras subministradoras, pero nos casos de contratos de alugueiro tamén traballa directamente co propietario.
Fórmulas de pagamento
As modalidades de pagamento son flexibles e adáptanse igualmente ás necesidades do propietario ou da comunidade de montes. Pódese acordar desde un pagamento anual ata un pagamento ao final do turno ou un pagamento inicial, existindo tamén fórmulas mixtas negociables.
“Dependerá sobre todo das necesidades do propietario. Non é o mesmo o caso dunha persoa xubilada que o dunha persoa nova con fillos ou o dun propietario de mediana idade sen responsabilidades financeiras”, sinala Óscar Fernández. “O importante para o propietario é a fiabilidade do que se asina. Navigator ten 70 anos de experiencia en xestión forestal e nunca deixou de investir no bosque, cumprindo sempre todos os seus compromisos”, destaca.
As modalidades de pago son flexibles, en función dos intereses do propietario
“Nese sentido, podemos falar dos acordos que asinamos como plans de pensións asegurados ou como herdanzas aseguradas”, considera.
Características das parcelas e xestión
As parcelas que Navigator aluga ou compra en Galicia e Asturias teñen que ser aptas a nivel legal para a plantación de eucalipto. A empresa solicita unha parcela mínima de 5 hectáreas, aínda que, se un propietario alcanza esa superficie coa suma de dúas parcelas próximas, tamén é posible chegar a un acordo.
Nestes momentos, Navigator ten máis dun cento de contratos asinados en Galicia e Asturias.
Estudo da parcela e elección da planta
Antes de facer unha oferta polo alugueiro ou a compra da parcela, o equipo técnico de Navigator encárgase de realizar, de forma gratuíta, un completo anteproxecto da plantación, que inclúe a análise e caracterización dos solos e a elección das especies máis adecuadas.
Navigator traballa cun catálogo de plantas que inclúe clons de eucalipto globulus —que garanten un aumento da rendibilidade de ata un 40 % en relación cunha planta de semente non mellorada—, eucalipto nitens e híbridos.
“Contamos co mellor material xenético, adaptado a distintos riscos, como fungos, pragas ou temperaturas elevadas, para que a plantación sexa segura e cos menores riscos posibles”, subliña Óscar Fernández.
“Contamos co mellor material xenético, adaptado a distintos riscos, para que a plantación sexa segura” (Óscar Fernández)
Nesta tarefa de elaboración do proxecto de plantación, Navigator conta co asesoramento do Instituto Raíz, o centro de maior prestixio de Europa na mellora xenética do eucalipto.
Xestión da plantación: abonados e rozas
Tras a plantación, a empresa encárgase da súa xestión durante todo o ciclo. Así, están previstos dous abonados de mantemento —ademais do inicial—, así como rozas periódicas cando sexa preciso, co obxectivo de garantir a maior produtividade posible do cultivo.
“O propietario despreocúpase, pois a xestión da plantación faise de forma profesional”, resume Óscar Fernández.
O equipo técnico de Navigator en Galicia conta con persoal cualificado, con moitos anos de experiencia e integramente galego.
Galego









Control OJD