Música, artesanía e orgullo do rural este sábado en Muras na Romaxe Artesá da Chaira

CARTAZ ROMAXE MURAS 2021Tras do parón obrigado de 2020 o concello de Muras retoma este sábado a Romaxe Artesá da Chaira. “Mantendo as normas sanitarias e os protocolos dictados esforzámonos ao máximo para facer desta volta unha experiencia estupenda, completa e moi entretida para todos os que veñades a pasar o sábado”, destacan dende a alcaldía deste concello lucense.

A programación ocupa todo sábado dende as 11 da mañá ata ben entrada a noite, porque haberá observación noctuna do ceo, grazas a que Muras é concello #Starlight.

Mostra de artesanía, obradoiros infantís e para adultos, monicreques, música e charlas….para todos os públicos. 

Así, Enxogate impartirá o obradoiro para os peques “Xoguetes e Enxeño” na carpa da música, dende as 12:00 e cada media hora, con grupos de 6 nen@s. Outro dos que podedes disfrutar é o de Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais “Elaboración dun Pandeiro”, pandeiro que vos levaredes a vosa casa. Son prazas limitadas e custa P.V.P 45€. Nos dous casos apuntádevos na propia carpa. E ás 16:00h na carpa da música A Gramola Gominola , Rock&Roll en galego para público cativo, e Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Seguidos do marabilloso Teatro de Marionetas Trécola e da actuación do coñecido músico coruñés Xabier Díaz con Adufeiras de Salitre. Ah! E haberá Photocall!

PROGRAMA ROMAXE ARTESAÁ CHAIRA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información