Murat Construcción y Mantenimiento presenta estes días en Galiforest as últimas novidades da marca Energreen en desbroce, tanto mediante robot, como con maquinaria con conductor.
A empresa con sede no polígono industrial de Ordes é distribuidora oficial da marca de maquinaria Energreen para o Noroeste da Península Ibérica.
Víctor Quindimil CEO de Murat Maquinaria, recorda que “levamos dende o 2004 como empresa de servizos e dende hai 4 anos como distribuidores oficiais de Energreen para o Noroeste da Península. Vendemos maquinaria, e a parte do servizo postvenda, tamén dispomos de servizo de reparación de todos os equipos da marca Energreen. Ademáis, alugamos tanto os robots de desbroce como as ILF”.
Entre os produtos que MURAT maquinaria expón en Galiforest 2026, Víctor Quindimil destaca a ILF Kommunal, unha máquina autopropulsada e multifunción de Energreen que está a suscitar gran interés polo seu carácter polivalente. Cun ancho de traballo de 2,20 metros e equipada cun motor Deutz de 143 CV (fase V), dispón dun acoplamento rápido frontal para múltiples ferramentas (brazos hidráulicos, palas, desbrozadoras, depósito de auga…etc. “É a nosa máquina máis vendida pola súa versatilidade, pois durante durante o verán pode destinarse a labores de extinción e o resto do ano realizar labores de desbroce preventivo”, destaca Víctor.
Outros equipos que se expoñen no stand de Murat son as máquinas autopropulsadas hidrostáticas ILF para realizar todo tipo de labores de desbroce, destacando o modelo ALPHA, cunha lonxitude de traballo do seu brazo telescópico que chega aos 12 metros, e o modelo ATHENA, que acada os 17 metros.
Outra liña de traballo emerxente é a dos robots desbrozadores, onde Murat Maquinaria, da man de Energreen, ofrece un amplo e innovador catálogo, adaptado para cada cliente. Dende o primeiro modelo compacto do mercado, o Compact de 25 cabalos e 1 metro de ancho de traballo, ata as gamas intermedias de 50 e 60 cabalos e o de maior potencia e tamaño, de 100 cv. “Son máquinas moi robustas e que están funcionando moi ben no mercado”, destaca Víctor Quindimil.
Máis información sobre Murat Maquinaria:
Oficina central
Pol. Ind. de Ordes – parc. n1 – 15680 Ordes (A Coruña)
+34 981 69 41 56
+34 637 584 986
info@muratcm.com
Galego









Control OJD