Muras recupera este domingo a Feira do Poldro e do Gando do Monte

Muras recupera este domingo a Feira do Poldro e do Gando do Monte

O concello lucense de Muras recupera, tralo parón provocado pola pandemia, a xa tradicional Feira do Poldo e do Gando do Monte. A cita, que xa cumpre 33 edicións, está decarada Festa de Interese Turístico Galego, e celebrarase o domingo, día 26, no recinto feiral.

Para este ano están reservados “22 curros” nos que se ubicarán máis de 200 animais procedentes de Muras e doutros concellos como Vilalba, Viveiro, Xove ou As Pontes.

A concelleira encargada da organización da feira, Belén Chao, destaca que “entregaremos un agasallo a todos os gandeiros como agradecemento por vir”. Nesta edición o recinto feiral só abrirá pola mañá, de 10:00 a 15:00 horas, debido á escaseza de poldros polos numerosos ataques dos lobos.

Ademáis do mercado de gando, a Feira do Poldro e do Gando do Monte de Muras tamén contará con outras actividades como paseos a cabalo con Puraga (Asociación Pura Raza Cabalo Galego), da animiación musical da charanga Os Trileros, así como desfrutar da recoñecida gastronomía local nos postos que se ubicarán na feira ou nos restaurantes de Muras, que ofrecerán menús especiais.

CARTAZ FEIRA DO POLDRO MURAS 2021

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información