O concello lugués de Muras celebrou este domingo un nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, organizada polo Concello coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A feira reuniu arredor de 800 animais -gando cabalar e vacún – dunhas corenta ganderías da contorna e do resto do país, refrendando un ano máis Muras como un concello de referencia en Galicia na promoción e apoio á gandería extensiva e aos seus produtos.
O recinto do Alto da Gañidoira acolleu, ademais dos curros cos animais á venda, diversas actividades de promoción do gando cabalar como actividades iniciación á hípica, carreiras de andadura e un concurso morfolóxico de Puraga.
O deputado de Rural Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente de alcalde e coordinadora da Feira Paula Gómez entregaron os galardóns do certame que recoñeceu os tres mellores exemplares de Poldro, Semental e Egua. Ancora de Adrián Mariño (Viveiro), Chocolate de Marcos García (Trabada) e Garúa de Juan Gasalla (Lourenzá) lograron os primeiros en cadansúa categoría.
Un dos puntos máis concurridos da Feira foi a degustación de hamburguesa de carne de cabalo Pura Raza Galega, organizada no marco do programa de promoción de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Galego








Control OJD