Muras prepara unha nova edición da Feira do Mel de Montaña, que se celebra o vindeiro domingo

muras mel 2024Muras celebra o domingo a novena edición da Feira do Mel de Montaña, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro , o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Manuel Ferreira da Casa do Mel, presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.

A feira, que se celebrará na Praza do Viveiró, contará con máis dunha vintena de postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles oito postos de apicultores e apicultoras de Muras .

Manuel Requeijo puxo en relevo a traxectoria da feira “que xurdiu de xeito humilde para dinamizar e dar vida a esta zona do concello, e que se consolidou como unha feira de referencia para as producións locais e para o sector como demostra o interese dos apicultores e apicultoras en poñer os seus postos na feira”.

Efrén Castro destacou “a importancia destas iniciativas de promoción e comercialización directa que apoian a produción de alimentos de proximidade e a diversificación produtiva no sector primario, neste caso, unha actividade como a apicultura que xenera rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúe ao mantemento do medio natural” e valorou “o traballo que o goberno municipal de Muras ven desenvolvendo para dinamizar económica e socialmente o concello a partir do aproveitamento do monte e dos recursos naturais”.

A feira compleméntase cun programa lúdico con demostracións de cociña -co cociñeiro e micólogo Antonio Díaz- , un obradoiro de cociña infantil, un magosto popular e animación musical e espectáculos infantís no recinto durante toda a xornada -con Zanqueiro Borja Insua, Grupo Silabarda e Títieres Alakran –

Ademais, na véspera da feira, celébrase unha xornada técnica cunha cata de mel de Montaña na que se premia a calidade das producións participantes e unha charla divulgativa sobre xestión e manexo de producións apícolas.

Sábado 16 de novembro:

17.00 horas
Cata de Mel de Montaña
19:30 horas
Charla a cargo de David Liñares, apicultor profesional “Xestión e manexo durante o ano dunha produción apícola”
21.30 horas
Degustación de liscos de balde, animada polo Trio Rosel

Domingo 17 de novembro:

10.00 horas
Apertura da Feira do Mel de Montaña
Animación a cargo de Zanqueiro Borja Insúa
10.45 horas
Actuación Musical co Grupo Silbarda
12.00 horas
Showcooking a cargo de Antonio Díaz “Xantares con mel de Muras, cogomelos e produtos de proximidade”
16.00 horas
Títeres Alakran, reprsentación do espectáculo “ A Cuba”
17.00 horas
Taller de cociña infantil e magosto popular
18:00 horas
Entrega de premios

cartaz mel muras 24

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información