Multicote™ Agri e CoteN-Mix™ son dous tipos de fertilizantes de Haifa Group que consisten en gránulos recubertos dunha carcasa polimérica, a cal evita a disolución inmediata cando se aplica ao solo. Deste xeito, estes abonos son unha nutrición ideal e precisa para árbores forestais, especialmente para o eucalipto polo seu aporte de boro. En ambos casos, a velocidade de liberación depende da temperatura do solo.
Como funcionan estes dous produtos de Haifa Group? Tras a súa aplicación, a humidade do solo penetra lentamente a través do recubrimento, degradando progresivamente os nutrientes do interior. A velocidade de liberación aumenta á par da temperatura do solo, ao igual que a velocidade de absorción da planta. Mentres se van liberando os nutrientes cara a zona da raíz, continúa a penetración de humidade que vai disolvendo máis cantidade do fertilizante sólido. Desde que finaliza a liberación, a carcasa baleira rompe e degrádase, sen deixar residuos no chan.
Pola súa banda, Multicote™ Agri ofrece unha gama completa con diferentes formulacións e lonxevidade. Unha das máis utilizadas no mercado da Península Ibérica durante o proceso de plantación é a fórmula Multicote™ Agri (8) 11.22.09 + 4MgO + 0.1Boro, con 8 meses de duración. A dose axústase a diferentes especies forestais, sendo entre 30 e 40 gramos a recomendada para o piñeiro e o eucalipto.
Sen embargo, CoteN-Mix™ encáixase no proceso de mantemento, unha fase na que os cultivos forestais mellorar a súa homoxeneidade de crecemento e aumentan a rendibilidade da explotación. Este período é especialmente importante nos primeiros anos de crecemento, podendo facerse unha ou varias aplicacións. A lonxevidade deste formulado é de catro meses e a dose varía entre os 300-400kg/ha coa aplicación en rego a partir do segundo ano, e os 200g/planta se a aplicación é en enterrado a 60-70cm de pé.