O concello de Quiroga celebra este sábado, 10 de agosto, a edición número 33 da súa Mostra do Mel dentro do programa das festas de verán desta vila luguesa.
A tradicional mostra do mel comezará ás 11:00 horas con postos de apicultores locais, unha ocasión única tamén para mercar directamente mel e demáis produtos da colmea singulares e moi diferenciados, debido ás especiais características da comarca (abundancia de castiñeiro, queiroga e vexetación mediterránea).
Programa das Festas:
-Venres 9, ás 21.00 horas, animación infantil da man de Peque Disco Moc Moc na Praza Rúa Lago. Ás 22.30 horas, os asistentes poderán gozar con a actuación do grupo folk Treixadura na Rúa Real e ás 00.30 horas, verbena amenizada pola orquestra O Combo Dominicano.
-Sábado 10, comeza a XXIII Mostra do Mel coa apertura do recinto ás 11.00 horas, e coa alborada a cargo do grupo de gaitas O Recanto.
Ás 13.00 horas, terá lugar a sesión vermú amenizada por Somoza Trío. A Praza de España acollerá o espectáculo de maxia Mil Maxias Mais da man do Mago Antón. A partir das 22.30 horas poderase gozar da actuación de Michael Legend, seguido de Mario Colomán & The Clocks Band.
-Domingo 11, ás 12.30 horas a Praza Rúa Lago acollerá o teatro de monicreques De Vilatriste a Vilalegre.
A partir das 22.30 horas, fogos artificiais e concerto de Gin Toni´s.
Luns 12, ás 22.30 horas, verbena amenizada polo grupo Assia, na Rúa Real.