A Mostra Galega de Apicultura celebra o seu 40º aniversario en Arzúa

O evento terá lugar o 7 de xuño no edificio multiusos Terra do Queixo

A Mostra Galega de Apicultura celebra o seu 40º aniversario en Arzúa

Imaxe de arquivo.

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza a 40ª edición da Mostra Galega de Apicultura, que se celebrará o sábado 7 de xuño no edificio multiusos Terra do Queixo de Arzúa. O evento contará cun completo programa formativo dirixido a profesionais e afeccionados á apicultura.

  • 10:30-11:30 h. “A importancia dos ácidos orgánicos e das substancias naturais no control da varroa”, por Filipa Pucariço, de laboratorios Hifarmax.
  • 11:30-12:30 h. “Vestir o mel: como o deseño transforma a apicultura en marca” por Julio Seijas Rosende, deseñador gráfico.
  • 12:30-13:30 h. “Control de calidade dos produtos apícolas” por Francisco Orantes Bermejo, Director de Apinevada.
  • 14:00-16:00 h. Xantar abelleiro
  • 16:00-17:00 h. “Castañicultura Apícola “ por Pablo Villaverde López, socio fundador da Asociación Galega das castañas e dos soutos e David Rey Míguez socio de AGA.
  • 17:00-18:00 h. “O método Palmer, unha forma sostible de producir núcleos e raíñas” por Francisco, de Macmel.
  • 18:00-19:00 h. “Nutrición apícola” por Miguel Ángel Villar Casal, de apícola Candieira.

Ademais, de 12:00 a 14:00 horas, na Aula 3 do piso superior, estará presente a xestora das axudas da PAC de AGA para resolver dúbidas e facilitar a recollida de documentación.

Como novidade, entre as 11:00 e as 15:00 horas, a Dra. Alice Coimbra e o seu equipo do hospital S. João do Porto realizarán probas rápidas de alerxias a gramíneas, apitoxina, mel, própole e xelea real.

O evento tamén ofrecerá actividades para o público xeral, como catas de mel e queixos de Arzúa, obradoiros de gominolas con mel para adultos e talleres de manualidades para crianzas e familias. Haberá un espazo denominado “Abelliñas Obreiras” para o coidado das crianzas durante toda a xornada.

Cartaz Mostra Galega da Apicultura.

Cartaz Mostra Galega da Apicultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información