A DO Monterrei presume da súa calidade ante prescritores internacionais

O Consello Regulador continúa coa aposta pola promoción e o desenvolvemento de negocio das súas adegas e acaba de organizar a visita dunha delegación internacional procedente de Finlandia, Dinamarca, Alemaña, Países Baixos e Suíza

Publicidade
A DO Monterrei presume da súa calidade ante prescritores internacionais

O Consello Regulador da DO Monterrei acaba de organizar a visita dunha delegación internacional procedente de Finlandia, Dinamarca, Alemaña, Países Baixos e Suíza. Continúa así coa aposta pola promoción e o desenvolvemento de negocio das súas adegas.

A iniciativa contou coa participación de Heidi Makinen, de Master of Wine; Thomas Rydberg, xornalista especializado; Alexandra Banhidi, presidenta da Asociación de Catadoras de Suíza; Michaela Daffner e Wieger Roelevink, responsables de compras, respectivamente.

Ao longo de tres días formaron parte dun programa que incluíu visitas a adegas, para coñecer os seus proxectos, descubrir os seus viñedos e achegarse ás súas elaboracións. Nesta ocasión sumáronse a esta iniciativa as adegas Ladairo, Triay, Fragas do Lecer, Gargalo e Terras do Cigarrón. Ademais, o programa de actividades tamén contemplou unha masterclass na sede da entidade, co obxecto de ofrecer información sobre este territorio vitivinícola, as súas singularidades edafoclimáticas, variedades de uva, tipoloxía de viños e evolución da denominación nas últimas décadas. Sen esquecer, a parte máis práctica, a través da realización dunha cata con 43 referencias pertencentes a 21 adegas rexistradas no Consello Regulador.

“Trátase da primeira ocasión que realizamos unha misión inversa propia destas características”, destaca o presidente da entidade, Manuel Vázquez Losada. “A mesma permite que os profesionais coñezan de primeira man a nosa denominación vitícola, e poidan facerse unha completa idea do traballo que se está realizando por parte das adegas; así como do Consello Regulador para fidelizar ou incrementar a cota de mercado dos nosos viños nos seus respectivos países”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información