Con motivo do Día Mundial do Enoturismo, a Denominación de Orixe Monterrei, en colaboración coa Ruta do Viño Monterrei, programa unha cata con Mercedes González, sumiller, docente e membro de paneles de cata nacionais e internacionais.
A iniciativa será o 9 de novembro ás 11:30 horas na sede do Consello Regulador e permitirá coñecer diferentes viños da denominación, coas súas particularidades e os puntos diferenciais que os distingue dos outros das rexións vitivinícolas. Para asistir é preciso inscribirse no correo info@domonterrei.com.
Esta celebración, promovida pola Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN), ten lugar todos os anos o segundo domingo de novembro e faise coa idea de potenciar o turismo do viño.
Galego








Control OJD