A DO Monterrei organiza un Túnel do Viño na Coruña

A cita, que se celebra os días 25 e 26 de marzo, contará cunha trintena de viños da denominación de orixe

Publicidade
Publicidade
A DO Monterrei organiza un Túnel do Viño na Coruña

Algúns dos viños que participaron nunha acción promocional da DO Monterrei celebrada en días pasados en Madrid.

Data inicio: 25/03/2021
Data fin: 26/03/2021
Lugar: Paadín Eventos, Calle Europa, 3, La Coruña, España

A Denominación de Orixe (DO) Monterrei organiza este xoves e venres, 25 e 26 de marzo, un novo Túnel do Viño na Coruña. A experiencia celebrarase na aula de Cata Paadín con dúas quendas ao día, unha de 11.00 a 14.00 horas e outra entre as 18.00 e as 21.00 horas.

A actividade promocional da denominación está destinada á canle Horeca, catadores, docentes e alumnos de centros de hostalaría, entre outros. O túnel do viño mostrará ós participantes cuestións como tipoloxías de viños, variedades de uva, características edafoclimáticas ou historia vitivinícola do territorio.

Os asistentes ó Túnel do Viño poderán descubrir os viños de Monterrei de man das 17 adegas que participan nesta acción:Los participantes podrán descubrir los vinos de Monterrei de mano de las 17 bodegas que participan en esta acción: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Todas as actividades levaranse a cabo entre estritas medidas hixiénico-sanitarias para evitar contaxios de Covid-19. Para participar no Túnel de Viño da D.O. Monterrei na Coruña será necesario confirmar asistencia no teléfono 678 577 933 ou info@paadin.es, a fin de controlar o aforamento.

“É a segunda acción promocional que realizaremos este ano, retomando o vínculo directo cos nosos prescriptores”, destaca a presidenta do Consello Regulador de Monterrei, Lara Da Silva. “Estamos nun momento no que a promoción do noso produto faise fundamental coa finalidade de, na medida das nosas posibilidades, tender pontes de comercialización para os nosos asociados, axudando a fortalecer o conxunto da imaxe de marca de Monterrei”, conclúe a presidenta.

Tunel_ACorunha

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información