A DO Monterrei chega á Barcelona Wine Week

O Consello Regulador contará cun espazo propio, no que se ofrecerá información sobre as características edafoclimáticas, tipoloxías de viños, variedades de uvas ou tradición vitivinícola

Publicidade
A DO Monterrei chega á Barcelona Wine Week

Os viños de Denominación de Orixe Monterrei estarán presentes en Barcelona Wine Week, que terá lugar do 2 ao 4 de febreiro. O Consello Regulador contará cun espazo propio, no que se ofrecerá información sobre as características edafoclimáticas, tipoloxías de viños, variedades de uvas ou tradición vitivinícola, entre outros aspectos.

É a quinta ocasión que participa neste salón vitivinícola, que reunirá a 85 selos de calidade e máis de 1.300 adegas. As persoas que visiten a caseta poderán coñecer as elaboracións das seguintes adegas rexistradas: Minius, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Vía Arxéntea, Crego e Monaguillo, Fragas do Lecer, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Mateo García (Quinta da Muradella), Manuel Vázquez Losada, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Terras do Cigarrón, Triay, José Luis Gómez Ibañez (Valderello), Abeledos, Quinta do Buble, Tabú, Terra de Godello e Pazo das Tapias.

Coa asistencia a esta feira, a entidade busca incidir no sector profesional. “Á última edición acudiron 25.700 profesionais, deles un 20 % internacionais, procedentes de países como Estados Unidos, Alemaña, Canadá, Reino Unido, Países Baixos ou China”, manifesta o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada. “Estar presentes na Barcelona Wine Week é imprescindible para os nosos viños, esta cita vai impulsar o posicionamento da marca Monterrei no mercado nacional e internacional ao mesmo tempo que nos vai a permitir aproveitar oportunidades de negocio, establecer novas canles de comercialización para as nosas adegas e mostrar o potencial dos nosos excelentes viños”, engade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información