
Navigator é a maior empresa forestal da Península Ibérica. A que máis papel convencional fabrica e a segunda en canto a produción de papel tisú. Por eso, a súa presenza en Galiforest Abanca resultaba imprescindible. Tanto polo volume da empresa como pola xestión que fai do monte e polos produtos que fabrica e chegan a todos os fogares.
Nos tres días que durou o evento foron milleiros os profesionais e visitantes que se achegaron ata o stand de Navigator para coñecer en detalle tanto os métodos de traballo da empresa como os produtos e servizos que ofrece principalmente en España e Portugal.
Dende a empresa sinalan que un dos obxectivos de acudir a Galiforest e outros eventos similares é o de mostrar os produtos que se realizan cos eucaliptos que cultivan os propietarios forestais de Galicia e identificar dita materia prima con artículos familiares que se usan nas vivendas e lugares de traballo. É o caso do papel Navigator e as outras marcas que produce e comercializa.
Navigator é a única empresa que completa o ciclo dende que se planta o eucalipto, se converte en celulosa e chega aos fogares en forma de produtos
E é que o catálogo de Navigator abrangue dende Papel premium de Oficina para impresoras láser e de inxección de tinta -con opcións ecolóxicas- ata embalaxes e cartóns, papel tisú (hixiénico, servilletas, de cociña…) ou pasta de celulosa de eucalipto como material base para outras industrias papeleiras. Sen esquecer a xeración de enerxías renovables a partir de biomasa forestal.
Todos eses usos serven para que os propietarios forestais afonden na profesionalización dos cultivos. E para que os usuarios teñan constancia da importancia social que ten toda a cadea produtiva de Navigator. Porque, afirman, “a calidade en todo o proceso obriga a ter unha conexión directa cos usos finais.”
A presenza en Galiforest serviu tamén para amosar os avances en investigación xenética e hibridación que se desenvolven na sección científica da empresa, o Instituto de Investigación RAIZ. Porque o cambio climático obriga a buscar clons e familias de eucalipto máis resistentes a pragas de fungos e insectos e aos episodios de clima extremo. Tratouse de demostrar que os propietarios teñen alternativas aos tradicionais eucaliptos nitens e glóbulus.
Milleiros de persoas se achegaron ata o stand da empresa en Galiforest a coñecer os produtos, servizos e colaboracións que oferta
Para Navigator é fundamental que contratistas, subministradores, propietarios forestais e comunidades de montes coñezan en profundidade os sistemas de traballo que implementa a empresa e as posibilidades de chegar a acordos de xeito que poidan producir eucalipto nos seus terreos e obter a maior rendibilidade posible.

Milleiros de visitantes pasaron polo stand de Navigator para coñecer a actividade da empresa
Nesa liña, fíxose un esforzo orientado a que o persoal presente no stand de Galiforest respondese en todo momento aos distintos perfís profesionais que engloba a empresa. Dende membros de alta dirección ata técnicos locais ou persoal comercial.
Malia a ampla e constante afluencia de visitantes de todo tipo e perfil e as altas temperaturas rexistradas en Sergude neses días, o persoal de Navigator atendeu en todo momento as solicitudes de información. E mesmo houbo tempo para que toda a afluencia puidera desfrutar dun refrixerio servido pola empresa mentres se intercambiaban impresións.
Para Navigator é esencial que todos os profesionais do sector forestal poidan coñecer en detalle o seu traballo
Entre os asistentes quedou clara a conexión directa que existe entre o traballo técnico que se fai no monte cos eucaliptos e os produtos de papel de calidade que todos temos e empregamos diariamente nos nosos fogares.
E que Navigator é a única empresa que consegue conectar a xenética, os viveiros, as plantacións dos diferentes tipos de propietarios, os traballos de corta, o transporte e a transformación final nos produtos de uso doméstico.

A interacción con todas as persoas que operan no sector forestal é clave para Navigator
Para todos aqueles que non puideron achegarse ata o stand de Galiforest pero desexan establecer algún tipo de acordo ou obter máis información sobre o traballo que se pode desenvolver con Navigator, pódese consultar o seguinte enlace:
Proxectos de RAIZ
Por outra banda, e tamén dentro de Galiforest, Navigator participou no II Simposio Ibérico de Silvicultura. Fíxoo a través de José Araujo, recoñecido investigador e experto en xenética que traballa no departamento de Investigación e Desenvolvemento (I+D) de RAIZ, o prestixioso instituto de investigación forestal de Navigator en Portugal.
Cómpre lembrar que RAIZ desenvolve investigación, consultoría, servizos especializados e formación en áreas de especialización forestais, de celulosa e papel e de biorrefinerías forestais.
RAIZ foi creada en 1996 como asociación e os seus membros asociados actualmente son The Navigator Company, a Universidade de Coimbra, a Universidad de Aveiro e a Universidad de Lisboa (Facultade de Agricultura).
A iniciativa está desenvolvida por un equipo de 90 investigadores e técnicos, unha media de 25 becarios de I+D actualmente divididos en dúas sedes (Eixo/Aveiro e Pegões). Hai unha estreita coordinación coas ramas operativas (forestal e industrial) e involucrando unha ampla rede universitaria e centros de I+D en diferentes países.
Navigator xestiona arredor de 106.000 hectáreas nos montes de Portugal, o 73% delas con eucaliptos
Araujo sinalou que en Portugal hai arredor de 830.000 hectáreas de eucalipto e a empresa Navigator xestiona aproximadamente 106.000 desas hectáreas, das que o 73 % están ocupadas actualmente por eucalipto.
“Dispoñemos dun viveiro con capacidade para producir dez millóns de plantas, xerando arredor de oito millóns de plantas clonais. Estas destínanse prioritariamente ás necesidades da empresa, aínda que tamén se distribúen plantas melloradas a propietarios privados, directamente ou a través das súas asociacións.”, dixo Araujo.

Araujo explicou no Simposio os proxectos de RAIZ e as iniciativas de futuro
“Ata o momento contamos cuns 3.200 clones ensaiados ao longo do tempo e máis de 1.000 avaliados en tres ou máis ensaios, ademais dalgúns híbridos, que sometemos a un continuo proceso de análise para comprobar os diferentes resultados.”
O especialista de RAIZ indicou que realizan a avaliación de catro características no eucalipto: volume, supervivencia, densidade de madeira e rendemento en pasta. Así, manexan unha gran cantidade de información en cada unhao das análises, o que permite obter finalmente unha clasificación de todos os individuos do programa, arredor de 35.000 xenotipos, ordenados para calquera desas variables.
RAIZ dispón dun viveiro con capacidade para producir 10 millóns de plantas
“Despois, cando pasamos do volume por hectárea á produción de pasta por hectárea -a cantidade de pasta que un clon produce por hectárea- en comparación con plantas non melloradas, hai que incorporar as ganancias ou perdas derivadas da densidade da madeira e do rendemento en pasta.”
RAIZ emprega diferentes criterios de selección: crecemento das plantas, calidade da madeira, propagación clonal, capacidade de enraizamento… E hai clons excelentes que finalmente non poden utilizarse porque presentan una baixa taxa de enraizamento e resultan inviables.
“Todos os clons presentan sensibilidade fronte a algunha enfermidade. Pero sempre hai algún que amosa un comportamento claramente mellor. Por eso, no viveiro substituímos progresivamente os clons que presentan elevada susceptibilidade por outros máis resistentes.”
Araujo subliñou que é preciso coñecer ben cada clon e o ambiente onde se vai a plantar. Por tanto, non se trata de utilizar o suposto “mellor clon”, senón o máis adecuado para as condicións concretas de cada lugar. “Ademais, debemos intentar anticiparnos ao futuro e prever como evolucionarán as condicións en cada zona para elexir o material más apropiado.”
Actualmente dispoñen de 11 clons recomendados para determinados contextos en Portugal —e posiblemente tamén en Galicia— pero non todos son iguais. É necesario seleccionar coidadosamente o máis axeitado para maximizar as ganancias e minimizar os riscos.
Os especialistas de RAIZ traballan para empregar clons que se adapten ás características de cada territorio
Eses 11 clons constitúen actualmente o núcleo do material operativo de Navigator. Seis son os principais responsables da meirande parte da produción actual. Outros tres están empezando a adquirir importancia e, estanse a avaliar os tres novos. “Grazas á renovación, practicamente ano tras ano, imos mellorando o catálogo de clons que poñemos a disposición de viveiros e plantacións”.
Traballo en Galicia e Asturias
O traballo de RAIZ en Asturias e Galicia arrincou en 2010. Foron establecendo unha rede de ensaios en colaboración con ENCE e con CETEMAS. Con ENCE a cooperación segue e con propietarios particulares. Recentemente colaboraron con Viveiros Mañente, de Foz “Fomos avaliando o comportamento dos clons de glóbulus e comprobando as súas limitacións.”

Araujo representou a Navigator nunha mesa redonda con outros profesionais do sector
“Tamén confirmamos que un híbrido noso de saligna resulta especialmente interesante. En Portugal amosou boa resistencia ao gonipterus e cremos que pode dar resultado en Galicia. Porque sabemos que esa resistencia procede da xenética que desenvolvemos.”
Das hibridacións que realizou RAIZ ao longo dos anos resultaron exemplares altamente resistentes ás pragas do eucalipto
Dende RAIZ afondouse no coñecemento das condicións climáticas e dos solos galegos e asturianos e elaboráronse mapas climáticos. “Eses mapas vanse desactualizando debido ao cambio climático, pero son una ferramenta útil de aprendizaxe para entender cara onde imos.”
Agora a estratexia artéllase en dous horizontes temporais: unha actuación a corto e medio prazo e outra a longo prazo. A primeira consiste en ampliar o traballo realizado ata agora, pero aumentando a intensidade e con novos materiais. “Practicamente todo o que estamos producindo no programa de mellora xenética desenvolvido en Portugal será avaliado tamén en Galicia e Asturias.”
A estratexia a longo prazo é diferente. Consiste en desenvolver aquí un programa propio de mellora xenética, con materiais seleccionados en Galicia e Asturias destinados a ser nesas comunidades. “Non serán solucións importadas senón obtidas especificamente para estas condicións.”
Tanto en Galicia como en Aturias estase traballando en solucións xenéticas adaptadas ao territorio
No corto e medio prazo, están renovando a rede de ensaios con materiais totalmente novos. Os clons de glóbulus son diferentes e superiores aos utilizados anteriormente, e ademais contan cun alto número de híbridos.
“Son híbridos de combinacións moi diversas: de grandis con glóbulus, que xa constitúen un híbrido; de grandis con urophylla cruzados posteriormente con glóbulus, dando lugar a trihíbridos. E outras combinacións aínda máis complexas. Mesmo dispoñemos de pentahíbridos, obtidos por cruzamento entre dous híbridos diferentes, seguido dun novo cruzamento con glóbulus.”
Os novos materiais proceden de semente, polo que cada lote contén numerosos individuos distintos. “Esperamos que algún deses individuos amose un comportamento extraordinario. Cando ocurra, teremos que posúe un elevado valor xenético, pero haberá que ratificalo. Para eso recuperaremos ese individuo, será clonado e incorporado a unha segunda fase de ensaios clonais.”
Outros materiais, por contra, amosan un menor crecemento. “Algúns clons de saligna presentan un desenvolvemento máis reducido, pero cunha maior resistencia al gonipterus. Algo que tamén sucede con certos clons de glóbulus. Estes clons poderían cruzarse con outros de gran vigor para obter materiais que combinen alto crecemento e boa resistencia á praga.”
Pártese da idea de que non existen “superclons” e que cada un deles terá un rendemento máis adecuado en función da zona
Así pois, queda claro que non existen superclons. Un mesmo individuo pode ter un rendemento excelente nun lugar e presentar problemas noutra localización. Incluso se se trata de resistencia a pragas xa que influirán o clima, os solos, a contorna vexetal…”

Os produtos que elabora Navigator teñen a súa orixe no traballo técnico co eucalipto
Por último, a estratexia a longo prazo consiste en levar a cabo un programa de mellora xenética baseado en cruzamentos controlados utilizando eucalipto nitens, que cren que aínda pode ser a especie de referencia para determinadas condicións.
“O noso obxectivo é desenvolver un programa de mellora específico para Galicia e Asturias, empregando materiais seleccionados nestas comunidades autónomas e que estean adaptados ás súas condicións ambientais e sanitarias.”
O propósito é combinar as dúas estratexias: dispoñer de solucións eficaces a corto prazo grazas aos materiais xa seleccionados e, paralelamente, construír un programa propio que permita responder ás necesidades futuras que xurdan en Galicia e Asturias. “Así, agardamos ofrecer materiais con maior crecemento, mellor calidade de madeira, máis rendemento industrial e unha resistencia cada vez máis elevada fronte a pragas e enfermidades.
Galego









Control OJD