A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Monsoon Active: novo herbicida de Bayer para o cultivo de millo

Monsoon Active:  novo herbicida de Bayer para o cultivo de millo

Monsoon Active®, en cuxa composición se inclúen tiencarbazona, foramsulfuron e ciprosulfamida, é o primeiro dos produtos rexistrados por Bayer en España que inclúe o ingrediente activo tiencarbazona.

A tiencarbazona é un novo ingrediente activo herbicida de Bayer para o control en pre-emerxencia e post-emerxencia dun amplo espectro de malas herbas. É selectivo en millo e en cereais.

Controla numerosas malas herbas gramíneas e dicotiledóneas e é ideal para ser formulado con outros ingredientes activos, podendo utilizarse en distintos momentos de aplicación.

A tiencarbazona achega aos seus distintos formulados un interesante efecto de persistencia, o que o fai aínda máis valioso para o agricultor.

Actualmente, varios produtos que conteñen tiencarbazona atópanse en España en fase de autorización.

Tiencarbazona:

A tiencarbazona-metil pertence ao grupo dos herbicidas inhibidores da aceto-lactato-sintasa (ALS) -grupo B do HRAC-; dentro deste grupo, clasifícase nas sulfonil-amino-carbonil-triazolinonas, sendo dentro desta última clasificación a primeira molécula selectiva de millo.

Esta sustancia activa absórbese rapidamente a través de follas e raíces e é conducida polo floema e o xilema, resultando eficaz para o control dun gran número de adventicias monocotiledóneas e dicotiledóneas. Ademais de ser activa por contacto, achega persistencia para o control de nascencias posteriores.

MONSOON ACTIVE® é o primeiro formulado en España con tiencarbazona . Trátase dun herbicida para millo de aplicación en post-emerxencia do cultivo, destinado ao control de malas herbas gramíneas, anuais e perennes, e dicotiledóneas.

Composición:

tiencarbazona-metil 10 g/L + foramsulfuron-sodio 31.5 g/L + cyprosulfamida 15 g/L
Combina dous ingredientes activos herbicidas, tiencarbazona e foramsulfuron, e o antídoto (safener) ciprosulfamida que asegura a selectividade para o cultivo sen afectar á eficacia herbicida.

Formulación:

É unha dispersión en aceite (OD), cun potente sistema adxuvante que favorece a actividade dos ingredientes activos e o mellor control das adventicias.

Modo de acción:

É un inhibidor da encima ALS (aceto lactato sintasa). O produto é sistémico, ambos os compoñentes herbicidas son absorbidos rapidamente (a absorción realízase nun máximo de 2 horas) e son translocados a través de xilema e floema, provocando a parada inmediata do crecemento das malas herbas (1-3 días), o que é seguido por clorose e necrose durante os seguintes días; a morte das plantas prodúcese entre 1 e 3 semanas tras a aplicación.

Debido á acción da tiencarbazona, a emerxencia de novas malas herbas é bloqueada durante varias semanas, dependendo do tipo do chan e a humidade.

O antídoto ciprosulfamida, actúa favorecendo a degradación dos principios activos herbicidas no cultivo.

Momento de aplicación flexible:

MONSOON BAYER

Recoméndase aplicar na post-emerxencia do millo entre os estados de 2 e 6 follas.

Dose recomendada:

A dose recomendada do produto é 1,5-2 L/ha, aconsellándose o uso da dose maior para o control de malas herbas perennes, así como en situacións de alta presión de herbas e cando estas teñen maior desenvolvemento.

A aplicación debe ser en pulverización terrestre, usando os volumes de caldo entre 150-400 l/ha. Aconséllase o emprego de boquillas anti-deriva.

Amplo espectro de acción:

O produto é eficaz no rango de dose 1,5 a 2 L/ha sobre un amplo espectro de malas herbas gramíneas e dicotiledóneas (por exemplo: Abutilon sp, Agropiron sp, Amarantus sp, Atriplex sp, Capsella sp, Datura sp, Digitaria sp, Echinocloa sp, Galium sp, Lamium sp, Matricaria sp, Panicum sp, Poa sp, Poligonum sp, Setaria sp, Solanum sp, Sorghum sp, Stellaria sp, Xantium sp, Viola sp, etc) e ademais mostra unha eficacia limitativa sobre Cyperus sp.

Persistencia:

A acción persistente do produto permite o control de nascencias posteriores durante varias semanas despois da aplicación, permitindo así o desenvolvemento do cultivo libre de competencia.

Selectividade:

Monsoon Active® é selectivo para o millo ás doses de rexistro e no momento de aplicación recomendado. Diversos ensaios realizados demostran que é seguro para o cultivo, repercutindo favorablemente na colleita obtida.

Substitución e rotación de cultivos

En caso de fallo do cultivo, pódese sementar millo un mes despois da aplicación ou alfalfa pasados tres meses; en ambos os casos tras un labor.

Como cultivos de rotación pódense implantar os seguintes: trigo e cebada de inverno ou primavera, triticale, millo, sorgo, girasol, remolacha azucreira de primavera, guisante de primavera pataca e xudía verde.

Seguridade para o usuario e o medio ambiente

O uso do produto de acordo coas instrucións da etiqueta é seguro para o usuario e o medio ambiente.

A metabolización de Monsoon Active® no chan depende da humidade e a temperatura e é favorecida pola actividade biolóxica no chan.

Monsoon Active® ten moi baixa toxicidade para peixes e organismos dos que estes se alimentan; pola súa actividade herbicida, pode ter efectos sobre plantas acuáticas e algunhas especies de algas.

Monsoon Active® non é volátil e é de moi baixa toxicidade para aves, mamíferos, miñocas de terra, bacterias, microorganismos do chan e abellas.

Os datos de toxicidade oral, dermal e por inhalación, mostran que é seguro para o usuario.

Resumo de beneficios de Monsoon Active®:

-Novo herbicida de millo para uso en post-emerxencia.
-Incorpora un novo ingrediente activo, a tiencarbazona de amplo espectro, alta eficacia e persistencia para o control de novas emerxencias.
-Solución segura, fiable e consistente para o agricultor.
-Cómodo e de fácil manexo
-Seguro para o usuario e medio ambiente

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *