Moeche celebrou este domingo a súa ‘VII Feira do Gando Vacún’

MOECHE FEIRA GANDO 25 2O concello coruñés de Moeche celebrou este domingo, 8 de xuño, a ‘VII Feira do Gando Vacún’, consolidando así una das grandes novidades desta edición: a elección desta data como xornada fixa para este destacado evento anual no calendario local.

Tras non poder celebrarse o pasado ano debido á enfermidade hemorráxica epizoótica, a feira regresou en 2025 con enerxías renovadas e novas propostas. A cita, organizada coa colaboración dos gandeiros de Moeche e os seus arredores, serviu como punto de encontro para profesionais do sector, veciños e visitantes, ofrecendo actividades pensadas para todos os públicos.

Entre as novidades máis destacadas desta edición atopouse a incorporación de premios económicos para os gandeiros participantes. Por unha banda, recoñeceuse a participación das tres manadas máis numerosas con premios de 150 €, 100 € e 50 €, respectivamente.

Doutra banda, o público asistente tamén tivo un papel protagonista á hora de elixir á mellor vaca da feira, que foi distinguida cun premio de 100 €.

Para animar a xornada, contouse cunha sesión vermú a cargo de Nuria Boreal na nave do Mercado, desde as 13:30 horas. A xornada complementouse cunha boa oferta gastronómica por parte dos locais de hostalería do municipio e unha polbeira no recinto feiral.

Xunto ao compoñente gandeiro, a ‘VII Feira do Gando Vacún’ incluíu a exposición do concurso de fotografía, aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de reflectir a riqueza visual e humana do mundo rural.

MOECHE FEIRA GANDO 25 MOECHE FEIRA GANDO 25 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información