Moeche fixa a data da súa VIII Feira do Queixo para o vindeiro 15 de marzo con novidades. Ademais das habituais actividades paralelas: música, obradoiros, catas, exposición e venda de queixos locais e chegados doutras partes de Galicia e de España, haberá un Mercado de Artesanía Agroalimentaria da Deputación da Coruña.
A Feira do Queixo de Moeche, que presume dunha nova imaxe da man do deseñador gráfico Juanlu Nacha, volve coa súa VIII edición co obxectivo de fomentar o consumo e a cultura do queixo, así como poñer en valor do traballo que fan pequenas e grandes queixarías de dentro e fóra do municipio como parte fundamental do desenvolvemento sustentable das zonas rurais.
A Nave do Mercado encherase dos mellores queixos artesáns e unha mostra das DOP de Galicia e gran parte do Estado, ademais dos produtos internacionais que asisten desde o seu inicio á Feira do Queixo de Moeche de Francia, Italia e Suiza.
En canto ao Mercado de Artesanía Agroalimentaria da Deputación da Coruña, instalarase nunha gran carpa ao pé da nave do mercado con postos de alimentación artesá. A alcaldesa, Beatriz Bascoy, e a concelleira de Desenvolvemento Local e deputada provincial, Cris na García, mantiveron unha reunión co vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, hai unhas semanas, para concretar a colaboración da Deputación nesta feira. Xosé Regueira confirmou que a Área de Turismo da institución provincial instalará o seu mercado de artesanía agroalimentaria, con postos de varios sectores, e programaranse showcooking, ademais da incorporación á programación musical de concertos de ar stas que forman parte da Rede Cultural 2026.
A Deputación da Coruña, que está a promocionar a campaña “A paisaxe que sabe”, sumarase deste xeito ao programa da edición de 2026. Desde o Concello de Moeche, indicou a rexedora, “agradecemos á Área de Turismo da Deputación da Coruña que instale o seu Mercado de Artesanía na xornada da Feira doQueixo, enriquecendo así a oferta nuns días de grande afluencia de visitantes, o que axudará a darlle visibilidade ao noso patrimonio cultural e ás nosa feiras”.
Nos últimos días foron moitas as firmas de dentro e fóra de Moeche que se interesaron por unha feira que xa se consolidara como referente sectorial nos poucos anos que leva de percorrido. Con carácter xeral, terán preferencia ás queixerías que par cipasen con anterioridade e os postos dos produtores locais, que xa teñen espazo reservado. O prazo para solicitar un posto, con prioridade para os de queixos artesanais, permanecerá aberto ata o 8 de febreiro.
As solicitudes hai que presentalas pola Sede Electrónica e, unha vez que a área de Desenvolvemento local confirme a solicitude, deberá facerse efectiva a cota de participación, fixada en 30 euros para os postos que van no interior da nave e de 20 euros para o resto.

Galego









Control OJD