Modifícase o prego de condicións da D.O Ribeira Sacra polo coronavirus

Para que o viño se poida etiquetar como dunha determinada colleita, a normativa comunitaria permite que teña ata un 15% de viño doutros anos. Ribeira Sacra tiña limitado ese 15% ó ano anterior da colleita, pero agora elimina tal restricción de anos

Publicidade
Modifícase o prego de condicións da D.O Ribeira Sacra polo coronavirus

Ribeira Sacra. / Arquivo.

O pleno do Consello Regulador da Ribeira Sacra solicitou unha modificación do prego de condicións da denominación de orixe (D.O) para adaptala á nova realidade marcada polo coronavirus, que está a dificultar a comercialización e consumo de viño. O cambio proposto, que foi informado de xeito favorable por Medio Rural, busca recoñecer prácticas enolóxicas autorizadas pola normativa comunitaria.

A Comisión Europea permite que para que un viño se etiquete como dunha determinada colleita, leve un 15% de viño de anos anteriores, en tanto o restante 85% debe corresponder a uva da vendima dese ano. Na Ribeira Sacra obrigábase a que o 85% do viño fora da colleita do ano, en tanto que o restante 15% tiña que ser do ano anterior ou, en casos excepcionais, de dous anos anteriores.

Dado que na actualidade, os viños teñen características que permiten consumilos pasados varios anos desde a súa elaboración, a D.O Ribeira Sacra decidiu modificar o seu prego de condicións para adaptalo á normativa comunitaria. O Consello Regulador lembra ademais que hai adegas nas que se non se embotella o viño ata que polo menos permanece un ano en depósito, de cara a permitir unha maior estabilización do mesmo.

Por outra banda, o coronavirus está a limitar as exportacións e a comercialización do viño en restauración, polo que ante posibles novos episodios de crise sanitaria, decidiuse aprobar esta medida para facilitar nun futuro a comercialización dos viños da denominación de orixe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información