Mobilización unitaria este martes en Ourense de agricultores e gandeiros pola suba dos custos de producción

Baixo o lema “Non aguantamos máis” agricultores e gandeiros da provincia de Ourense manifestaranse mañá martes na capital provincial para protestar polo incremento dos custos de produción.

Baixo o lema “Non aguantamos máis”, a mobilización está convocada para este martes, 5 de xullo, con saída ás 12:00 horas dende a delegación da Xunta e remate diante da subdelegación do Goberno.

A mobilización é de carácter unitario, seguindo as que xa convocaron no mes de marzo na comarca da Limia, e está respaldada pola Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL), a Asociación de Productores da Pataca da Limia, Federación Rural Galega (FRUGA), Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e Unións Agrarias (UUAA).

O obxectivo, segundo os organizadores, “é demandar aos gobernos galego e estatal medidas inmediatas que freen a situación crítica derivada do impacto da suba de custos de produción, o patente incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria e as nefastas políticas agrarias aplicadas nas últimas décadas, responsábeis do peche de milleiros de explotacións no noso país”.

O SECTOR PRIMARIO NON AGUANTA MÁIS_050722

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información