Millopreciso, o proxecto que busca facer máis rendible o cultivo de millo en Galicia

O proxecto Millopreciso, no que participan investigadores do grupo BioMoDen do Campus Terra da USC xunto coa empresa Marcos Otero, Ganadería Ladrela e Feuga, prevé a elaboración de mapas de rendemento das parcelas, a través da instalación de sensores nas colleitadoras, para optimizar as doses de insumos e mellorar a produción

Millopreciso, o proxecto que busca facer máis rendible o cultivo de millo en Galicia

O profesor Javier Bueno Lema.

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC de Lugo impulsa o cultivo rendible e sustentable de millo forraxeiro a través dun programa de agricultura de precisión a través do proxecto Millopreciso.

Esta iniciativa de I+D+i conta con 180.000 euros de financiamento e está liderada por un grupo operativo no que participan investigadores do grupo Modelización, Enerxía e Mecanización en Biosistemas (BioMODEN), xunto coa empresa de servizos agrarios e forestais Marcos Otero, Ganadería Ladrela e Feuga.

O proxecto Millopreciso céntrase no desenvolvemento da agricultura de precisión en Galicia co cultivo do millo forraxeiro, a fin de favorecer unha utilización máis eficiente dos recursos que permitan mellorar a produtividade e, en consecuencia, a rendibilidade do cultivo, así como as prácticas sustentables, segundo indica o profesor Javier Bueno Lema.

Este investigador do grupo BioMODEM do Campus Terra da USC explicou que o principal obxectivo de Millopreciso pasa por desenvolver un proceso de elaboración de mapas de rendemento dos terreos que acheguen datos precisos da produción e permitan así optimizar a información e solventar os erros advertidos na información rexistrada polas colleitadoras autopropulsadas de forraxe. O posterior tratamento desta información, que daría pé a un mapa de rendemento das superficies agrarias, permitiría xerar un maior valor engadido a todo o proceso de produción, dado que sería posible optimizar as doses de sementeira, fertilizantes, herbicidas ou calquera outra tipo de insumo que fose necesario.

“Se coñecemos de antemán que unha determinada área dunha parcela é pouco produtiva, por mor das características da solo ou por calquera outra circunstancia, o lóxico é non malgastar nesta zona un exceso de semente ou doutros insumos, que si se poderían concentrar naquelas partes do terreo que presenta máis aptitudes para a produción e depara mellores colleitas”, relata Bueno, quen precisou que o proxecto Millopreciso contempla instalar nas colleitadoras sensores capaces de tomar datos referidos tanto ás características das propiedades do solo (nutrientes, humidade…), como respecto do volume da súas producións.

Dúas colleitadoras levarán os dispositivos na campaña de ensilado da herba

Á falta de pouco máis de sete meses para o remate das accións previstas no proxecto Millopreciso, agricultura de precisión con millo forraxeiro en Galicia, os socios implicados neste programa centran actualmente os traballos na instalación de sensores en dúas das colleitadoras da empresa Marcos Otero coa idea de poder estar o funcionamento destes dispositivos, que estarán conectados cos GPS das máquinas, na inminente campaña de ensilado de herba.

A optimización do proceso de toma de datos, a mellora da calidade da información rexistrada e o seu posterior tratamento e testaxe, a fin de facilitar o seu rápido manexo e disposición, centran os obxectivos deste programa cara a finais do verán, cando comezará a recollida de millo forraxeiro, dixo Javier Bueno.

O investigador do grupo BioMODEM da USC comentou que esta datación das tarefas foi un dos temas de abordados durante a sesión de coordinación do programa celebrada na EPS de Enxeñaría, unha xuntanza na que participaron ademais de Javier Bueno, o propietario da firma Marcos Otero S.L, Francisco López, en representación de Ganadería Ladrela, e Ánxela Montero e Beatriz Moure, por parte de Feuga.

colleita millo 2

Financiamento

O proxecto Millopreciso, agricultura de precisión con millo forraxeiro en Galicia ten un orzamento de 180.000 euros. Trátase dun programa financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22.5% e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2.5%.

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

Una idea sobre “Millopreciso, o proxecto que busca facer máis rendible o cultivo de millo en Galicia

  1. José Benito.

    De mi mayor consideración:
    Nos interesa participar en su red de ensayos, somos una empresa pionera en el uso de minerales para la nutrición de cultivos. Estos son tratados a tamaños del orden de 200 nanometros, permitiendo su aplicación por pulverización (terrestre o aérea) o riego. Utilzamos para pasturas cantidades de 2 a 4 litros por hectárea.
    Disminucion de la huella de carbono, mínima logística, etc

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información