A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Millares Torrón presenta a gama de trituradoras forestais FAE

A firma lucense expón en Galiforest as trituradoras forestais de superficie e de profundidade de FAE, fabricante do sector líder en vendas mundial, do que é importador para o norte de España

Millares Torrón presenta a gama de trituradoras forestais FAE

Trituradora forestal FAE.

A empresa de maquinaria Millares Torrón, con sede en Lugo, presenta estes días en Galiforest a gama de trituradoras forestais FAE, marca líder en vendas a nivel mundial, da que é importadora para o norte de España. A oferta de FAE céntrase en trituradoras de superficie, trituradoras de profundidade e en equipos terminais hidráulicos, coma destoconadores, para acoplar a excavadoras ou miniexcavadoras.

A oferta de trituradoras forestais de FAE salienta pola súa versatilidade, con equipos de distinto ancho de traballo, maiormente entre 2,25 e 2,50 metros; e adaptables a tractores de potencia diversa, desde 110 cabalos ata 600.

“En trituradoras forestais, hai dúas posibilidades principais, ou ben trituradoras de superficie, que permiten por exemplo rasear o terreo tras unha corta, ou ben trituradoras de profundidade, que acadan ata 40-50 centímetros e que deixan o terreo listo para unha plantación. Eliminan o tocón, deixándoo triturado como abono, e trituran tamén as pedras”, explica José Angel Millares, xerente da firma lucense.

Demostracións
Millares Torrón, que é importador exclusivo para o norte de España de FAE, ofrece demostracións da trituradora para os profesionais interesados na mesma. A empresa está estes días cun stand en Galiforest, a feira forestal da Semana Verde, que remata este sábado 30 de xuño en Sergude (Boqueixón).

José Ángel Millares, á esquerda, co equipo da empresa que participa estes días en Galiforest.

José Ángel Millares, á esquerda, co equipo da empresa que participa estes días en Galiforest.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *