A Varroa Destructor é un parasito exótico da abella que provoca danos graves, mala supervivencia, tamaño menor, acortamento da vida das abellas e enfermidades asociadas (nosema, virus…). Cando afecta á cría, a varroa provoca mortaldade, enfermidades asociadas, loques, pito escaiolado, virus e acortamento da
vida adulta.
A Varroa entra nunha colmea a través dunha obreira ou dun abázcaro. Un dos primeiros comportamentos das obreiras é tentar eliminala a través dun depiollamento ou grooming entre as abellas adultas. Este parasito pode pasar entre 2 e 10 días encima dunha abella adulta ata que entra nunha celdiña con larva a piques de opercular para iniciar o seu ciclo de reprodución. As obreiras, se detectan a presenza doutro organismo dentro da cela, pódena chegar a abrir nun comportamento hixiénico das abellas contra varroa na cría que se denomina VSH.
Dependendo destes comportamentos hixiénicos das abellas, pódese calcular que se un 25% das abellas adultas están parasitadas por Varroa, o 75% da cría pode estar afectada. Hai que ter en conta que se trata dun parasito que se expande rapidamente, podendo chegar a duplicar e mesmo triplicar nun mes a súa poboación na colmea.
Como detectar a presenza da Varroa?
1) Azucre glass en abellas adultas
En abellas adultas espolvoreando unha mostra das abellas con azucre glass, xa que ao desprenderse as varroas e comparar o cálculo de individuos co de abellas da mostra permite detectar ao redor do 25% das varroas desa mostra.
Aspectos a considerar neste sistema de mostraxe:
-Debemos ter en conta que a poboación de varroa en abella adulta multiplícase por tres na cría.
-Se detectamos 1 varroa en 100 abellas, a afectación sería do 5% en obreiras e deberíase revisar mensualmente.
-Se hai de 1 a 3, a incidencia da Varroa pode estar entre o 5 e o 30% en abella adulta. Débense aplicar medidas de redución da poboación de varroas nun prazo máximo dun mes e aumentar a vixilancia.
-Se se detectan 5 varroas en 100 obreiras, a incidencia é do 50% ou máis: tratamento inmediato.
2) Cría operculada
Se optamos por detectar a Varroa a través da cría operculada, este método permitiranos contabilizar ata o 75% da poboación de varroa que hai no panal mostreado. Desopercularemos o cuarto superior dianteiro do panel de cría que da á piqueira.
Aspectos a considerar neste sistema de mostraxe en cría operculada:
-É un método preferible, sobre todo en Layens.
-Problemas: non hai a mesma cantidade de varroas en todos os panais nin en todas as zonas.
-Por experiencia: maior probabilidade na parte superior dianteira de cadros de cría operculada de en fronte da piqueira.
-Boa Práctica: desopercular periodicamente 10 x 10 cm de cría operculada nunha desas zonas, nas colmeas de máis risco.
Pódense establecer tres niveles de infestación, para tomar decisións de tratamentos:
-Menos do 5%: pode demorarse o tratamento ata dous meses
-Entre o 5 e o 20 – 30%: non demorarse máis dun mes
-Máis do 20 – 30%: tratamento inmediato.
3) Paneis do fondo:
Se o método elixido é un papel de fondo (cuadriculado e untado de vaselina), débese esperar 3 ou 4 días antes de retirar o papel e proceder ao cálculo das varroas. Detecta a mortaldade natural da poboación de varroas. Características:
-Esixe máis manipulación (en Layens pode substituírse por tira de formica por piqueira), ou fondos especiais (en alzas).
-É o método máis preciso.
-Pode marcar niveis de actuación: aumentar vixilancia a partir de 5 ácaros/colmea e día; perigo a partir de 20.
-Pode variar na primavera-outono.
Inspección do colmenar, colmeas de máis risco de varroa:
-As do extremo por onde entran as abellas.
-As de abellas máis nerviosas.
-As colmeas con pillaxe
-Colmeas con varroa ou/e abellas de ás danadas en piqueira
-É necesario realizar revisións post-tratamento contra a varroa para verificar sempre a súa eficacia.
Detección forense:
A primeira ollada pódese detectar este parasito mediante a observación de:
-Cadáveres de varroa en fondos.
-Cría operculada abandonada, salpicada ou con opérculos perforados.
-Varroas mortas baixo os opérculos de cría, celdiñas de cría con manchas brancas de dexeccións de varroa nun lado…etc.