Mesa redonda sobre “¿Os xurros son un problema ambiental e as plantas de biogás unha solución”

O vindeiro 15 de febreiro, sábado, celebrarase a partir das 16:00 horas na Casa da Cultura da vila luguesa de Antas de Ulla unha mesa redonda sobre un tema de plena actualidade: ¿Os xurros gandeiros realmente son un problema ambiental e as plantas de biogás de verdade son unha solución?”.

O debate producirase nun momento no que grandes grupos empresariais, co apoio das administracións, pretenden construír grandes plantas de biogás, iso si en boa medida con cargo a axudas públicas, e aproveitándose do boom das enerxías renovables. Como combustible principal pretenden empregar de forma gratuíta xurros e estercos das explotacións gandeiras baixo a excusa de que supostamente estes fertilizantes naturais supoñen un problema medioambiental.

O debate está organizado por ADEGA e participarán investigadores e unha ampla representación do sector gandeiro. En concreto, no coloquio intervirán Juan Castro, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM); José Luis Pérez Barreiro, presidente de AGROMURALLA; Jacobo Feijóo Lamas, técnico de Unións Agrarias; Xulio Fernández, coordinador do sector lácteo do Sindicato Labrego Galego; Adrián Riádigos; presidente de Gandeiros e Gandeiras Galegas Elas-Eles, e Elías Somoza Rigueiro, responsable da área de gandería da FRUGA. O debate será moderado por Sonia Mareque Alonso, tecnóloga de alimentos.

XORNADA XURROS ANTAS DE ULLA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información