Mesa aberta sobre a remuda xeneracional na gandería extensiva o vindeiro venres en Lugo

O vindeiro venres. 20 de setembro, dentro das Xornadas Territorios Pastoreados 7 (TP7) + IX Reunión de Outono da SGPF, celebrarase a “Mesa Aberta: A remuda xeneracional da gandería extensiva en Galicia”, coa participación de diversos gandeiros e gandeiras.

O evento celebrarase de 16:30 a 18:00 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra.

Nesta mesa participarán:

– Xabier González Maceda, gandeiro de “Cachenas das Ferreirúa”, unha iniciativa der recuperación de usos en terras abandonadas en Pobra de Brollón, Lugo .

– Uxía Salvatierra Otero, estudante de agronomía, que falará sobre un proceso de incorporación ao mundo rural.

– Alba Recalde López, gandeira de ‘Xan das Bouzas’, unha gandería con actividades múltiples en Mondoñedo, Lugo.

– “Emisións de gases de efecto invernadoiro en vacún de leite. Oportunidades e riscos”, a cargo de César Resch Zafra, investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

A asistencia á mesa é de balde, mais compre inscribirse na seguinte ligazón: https://bit.ly/inscripcionTP7

Aquí podes ver o programa completo das xornadas

teritorios pastoreados SGPF MESA REDONDA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información