Mes de divulgación en Santiago da importancia dos insectos polinizadores  

mais que mel santiago 24 1Con motivo do Día Mundial da Abella que se celebra internacionalmente hoxe 20 de maio, Santiago de Compostela está acollendo durante todo o mes unha serie de actividades impulsadas polo colectivo Máisquemel, nas que achegar á cidadanía ó mundo dos insectos polinizadores, entre eles as abellas, para entender cal é a súa indispensable función na natureza e defender o seu coidado e protección.

O acto central da celebración tivo lugar o pasado 18 de maio, coa inauguración do primeiro “Hotel de polinizadores” do Concello de Santiago, ublicado no Parque de Vista Alegre, e que foi o primeiro paso nun proxecto de creación de espazos amigables para os insectos polinizadores en Compostela.

A estructura instalada, que acollerá a unha gran diversidade de insectos favorecendo así a polinización das plantas do parque,, conta coa participación das entidades colaboradoras no proxecto: Biblioteca Pública Anxel Casal, Museo de Historia Natural, Asociación de Amigos do Museo, Centro de Formación Profesional Politécnico de Santiago, IXP Mel de Galicia e Concello de Santiago de Compostela.

Ademais, un numeroso público achegouse para coñecer o proxecto e participar no obradoiro que tivo lugar a continuación, sobre construcción de hoteis de insectos, e visitar tamén o Museo de Historia Natural, que abriu as súas portas durante todo o día con motivo desta celebración.

Este novo espazo do Parque de Vista Alegre, que se completará cunha serie de materiais para acoller os insectos no seu interior e coa colocación de plantas arredor, é o primeiro paso dun proxecto máis amplo para este parque de Compostela, que ten como finalidade convertir o lugar nun espazo adicado á divulgación sobre os polinizadores e as plantas. Así o anunciaron no acto as entidades implicadas nesta iniciativa, xunto coa intención de continuar realizando outras actividades para ampliar os espazos amigables cos insectos e instaurar prácticas que favorezan a biodiversidade e a implantación de polinizadores. O obxectivo é aportar un pequeno gran de area para frear a perda de biodiversidade que se está producindo nas últimas décadas a nivel planetario, especialmente relevante no caso dos insectos, e que debemos parar canto antes se queremos manter unha vida e futuro digno para as xeracións vindeiras.

Programa de actividades do Día Mundial da Abella

Hoxe 20 de maio, na propia data da celebración a nivel mundial, Máisquemel ofreceu un obradoiro na escola Semente de Compostela, no que as crianzas aprenderon a importancia das abellas no medio ambiente e a riqueza dos seus produtos. 

Pero a celebración exténdese a todo o mes de maio, para abarcar diversos públicos e lugares da cidade. Así, o sábado 18 de maio, na Biblioteca Pública Anxel Casal houbo un espectáculo de monicreques titulado “Pirula e o misterio das abellas” da Compañía Garabullo, no que as familias asistentes descubriron as ameazas ás que se enfrontan as abellas, como o uso de pesticidas e transxénicos. E no mesmo lugar, está aberta ó público a exposición “As abellas máis antigas de Europa” ata o 31 de maio, data na que pecharemos o programa de actividades coa presentación da publicación “Abellón, o libro negro das zoadeiras” da Central Folque, coa presenza dos autores.

Día da Abella 2024 redes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información