A menor oferta de animais fai subir os becerros carniceiros en Silleda

A recría permanece estable, mentres que o vacún maior perde terreo logo de varias semanas en prezos récord

A Central Agropecuaria de Galicia viviu este martes unha sesión marcada pola escaseza de gando nalgunhas categorías, un feito que condicionou os prezos. Así, subiron os becerros carniceiros, pola menor presenza de xatos para matadoiro, mentres que a recría mantívose estable e o vacún maior corrixiu prezos á baixa. 

Na recría, cunha maior afluenza de animais con respecto á semana anterior, os becerros cruzados caeron lixeiramente nas categorías de 15 a 20 días e de 21 a 50 días, mentres que subiron na de máis de 50 días. A recría de raza frisoa mantivo prezos, cunha pequena depreciación dos xatos de máis idade. 

Silleda 21-4-26 recriaNos xatos pasteiros, con poucos becerros esta semana na Central Agropecuaria de Galicia, houbo unha suba media de 3 euros nos machos de cruzamento industrial e lixeira caída nas femias (35 euros), ao igual que na rubia galega (descenso de 55 euros), menos acusada no caso dos animais marcados de Ternera Gallega Suprema. 

Silleda 21-4-26 pasteiros

Nos becerros carniceiros, a menor afluenza de animais (houbo un terzo menos de oferta a respecto da semana pasada) fixo que subiran de prezo en todas as categorías. A revalorización foi xeralizada pero especialmente significativa nos machos de cruzamento industrial, que gañaron 200 euros e cotizaron de media a 1.768 euros. A rubia galega subiu 220 euros e pagouse a 1.933 euros no caso dos machos. 

Silleda 21-4-26 becerros carniceirosNo lado oposto situouse esta semana o vacún maior, que baixou de prezo. As vacas de categoría Extra, a maior parte das vendidas, pagáronse a 2.567 euros de media, 150 euros menos que a semana pasada, mentres que as de categoría Primeira perderon 25 euros de media con respecto á sesión anterior. 

Silleda 21-4-26 vacun maiorNo que respecta ás mesas de prezos do resto de especies ganderias, esta semana o porcino cebado repetiu cotización, coa salvedade do descenso nos animais de desvelle, que perderon 5 céntimos, e nos bacoriños, tanto de procedencia única como de varias granxas, que baixaron dous euros. Galiñas, ovos e coellos mantivéronse estables. 

Silleda 21-4-26 mesas de prezosDescarga as cotizacións completas desta semana neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información