As mellores variedades de millo para esta campaña: resultados dos ensaios de Mabegondo

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo vén de publicar a actualización para o ano 2023 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) vén de publicar a actualización para o ano 2023 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia, unha referencia que serve de axuda á hora de escoller as variedades que mellor se adaptan a cada zona con vistas á campaña de sementeira que comezará nas vindeiras semanas.

Trátase dunha análise comparativa anual que se realiza dende o ano 1999 co obxectivo de avaliar o rendemento e calidade das variedades comerciais máis utilizadas na comunidade. Os ensaios fixéronse en catro comarcas: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña lucense.

Nos campos de cultivo utilízase un deseño en bloques ao chou con tres repeticións, cunha densidade de 90.000 plantas/ha. Recolleuse cada variedade no momento en que a liña de leite estaba a 1/3-1/2 do ápice (gran pastoso-vítreo) e analizouse a parte verde da planta e as espigas por separado.

Variedades cun ano de avaliación, con menor fiabilidade:

millo_forraxeiro-1

Variedades con dous ou máis anos de avaliación, maior fiabilidade:

millo_forraxeiro-2 millo_forraxeiro-3

Recomendacións para elixir unha variedade

Á hora de elixir unha variedade, dende o CIAM recomendan que o primeiro que temos que ter en conta é o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona.

Neste sentido aconsellan que:

  • Se sabemos a data de sementeira e sumamos os días que aparecen na columna “Días S-C”, teremos a data probable de recollida para unha zona fría do interior.
  • Se é unha zona cálida haberá que restarlle 15 días.
  • Tamén é importante a dispoñibilidade de maquinaria para esa data.

Dentro do ciclo elixido, dende o CIAM recomendan escoller aquelas variedades que reúnan as dúas condicións seguintes ao mesmo tempo:

  • Un elevado índice produtivo (IP) (canto maior sexa o dato da columna IP, mellor)
  • Unha elevada calidade (canto maiores sexan os datos das columnas ESPIGA, DMO e PB, mellor).

Descarga aquí a actualización correspondente ao ano 2023 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información