Mellores touros de raza Holstein en España: resultados das últimas probas

Mellores touros de raza Holstein en España: resultados das últimas probas

JULIUS ET, propiedade de Xenética Fontao, é o mellor touro probado español

Xa están dispoñibles as valoracións internacionais MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados na Confederación de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT.

Consulta nestas ligazóns o catálogo de mellores sementais correspondente ás probas de marzo 2020:

200 Mejores Toros por ICO

Consulta aquí o atálogo internacional de sementais correspondente a abril 2020:

1000 Mejores toros MACE con fiabilidad superior al 80% en Producción y Tipo

Do mesmo xeito que en decembro de 2019, nas listaxes internacionais inclúese o campo Rexistrado onde se indica co símbolo ® tras o código xenealóxico que ese touro está debidamente rexistrado en CONAFE e estase comercializando en España.

Desde CONAE lembran aos gandeiros colaboradores que os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado. Actualmente hai  rexistrados 5.812 touros en CONAFE, dos cales 5.734 teñen proba en base española.

En total están avaliados 164.404 touros Holstein. Destes, 3.369 teñen proba nacional con fillas, 4.412 proba nacional sen fillas (só xenómica), 149.135 proba MACE (2.000 máis que hai un ano) e o resto proba GMACE.

Os números presentados son inferiores aos de avaliacións previas porque Alemaña retirou uns 5.700 touros antigos e con probas incompletas na súa maioría do envío a Interbull.

Desde CONAFE lembran que se actualizaron os valores xenómicos dos touros con proba de descendencia (de novembro) polo que hai algúns cambios tamén nas listaxes de touros nacionais.

As persoas interesadas en consultar a metodoloxía destas probas, así como os resultados completos das mesmas, poden facelo no apartado de Avaliacións Xenéticas da páxina web de CONAFE.

Servizos de CONAFE durante a crise sanitaria

CONAFE lembra que os servizos de Rexistro, Avaliación Xenómica e Axustes (CONAFEMAT) que ofrece a Confederación continúan prestándose no mesmo tempo e forma en que se fai normalmente.

Debido ao estado de alarma declarado polo Goberno pola crise sanitaria provocada polo COVID-19 e ás medidas que como consecuencia se están adoptando, así como para evitar riscos innecesarios, o servizo de Cualificación Morfolóxica queda interrompido temporalmente ata que a situación permita renovar esta actividade.

As webs www.conafe.com, así como as nosas redes sociais, continúan activas e ofrecendo información actualizada.

Calquera cambio que se poida producir no desenvolvemento destas actividades, será comunicado puntualmente.

Seguen atendendo nos seus teléfonos e correos electrónicos habituais.

Mantense o servizo de xenotipado co envío de mostras

Os gandeiros que vaian enviar mostras para a súa genotipado, deben porse en contacto coas súas respectivas Asociacións/Federación ou con CONAFE, onde lles informarán sobre como e onde facer chegar ditas mostras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información