O Grupo Soaga ofrece un amplo abanico de solucións para pradería. Coa súa marca propia GRAOS, elabora combinacións á carta de sementes de leguminosas e cereais, en función das necesidades dos seus clientes. En raigrases e trevos, o seu punto forte é o catálogo de sementes DLF, con distintas mesturas de gramíneas, cereais e leguminosas, pensadas tanto para a ensilaxe como para o pastoreo directo.
É de destacar ademais a mestura PROTEINMASTER, pensada para cumprir co ecorrexime de rotación con especies mellorantes. Elaborada pola cooperativa francesa Cérience, que lle fornece fórmulas de sementes ao Grupo Soaga, é unha mestura que inclúe un 51% de leguminosa (trevo vermello diploide, trevo encarnado e trevo branco xigante) e un 49% de raigrás (híbrido tetraploide e híbrido diploide). A dose recomendada desta mestura é de 25 kg/ha.
Outras formulacións de raigrases e trevos que comercializa o Grupo Soaga son as seguintes:
- Siega Max: é a mestura de raigrás westerwold e raigrás italiano, unha combinación de variedades selectas con alta capacidade de implantación e tolerancia a enfermidades que garanten a máxima produción no primeiro e segundo corte de ensilaxe, con resistencia ao encamado e marxe de espigado, para que a climatoloxía non condicione a elección do momento de sega.
- Siega Max-pro: é a combinación ideal de raigrás con trevos anuais de actitude forraxeira, que proporcionan alto contido en proteínas, boa palatabilidade e un importante rebrote.
- Siega Max-pro alternativa: proporciona maior contido en azucres que outras mesturas, para unha mellor conservación do silo e unha proteína máis asimilable grazas á súa fórmula de raigrás italiano, raigrás híbrido e trevos.
- Siega Max-plus: representa o equilibrio perfecto entre proteína e fibra grazas á combinación de raigrás westerwold con trevo alexandrino, encarnado e persa, o que proporciona ao gando un excelente equilibrio nutricional.
- Triti Max: é unha mestura de veza, triticale e raigrás italiano que cumpre co ecorréxime e achega máxima produción, sen descoidar a calidade nutritiva. Inclúe semente inoculada de variedades selectas.
- Hibrid Max: é unha combinación ao 50% de raigrases ingleses e híbridos con dobre actitude, apta para rotación con millo ou pradería plurianual, destacando o seu alto valor nutricional.
- Pasto Max: é a pradería de longa duración para sega e pastoreo. A combinación de raigrás inglés, raigrás híbrido, trevo branco e trevo vermello achega alta produción e gran calidade nutritiva nunha pradería con boa implantación e resistencia ao piso. Dura ata 6 anos.
O departamento técnico da empresa, formado por enxeñeiros agrónomos, está ao dispor dos agricultores e gandeiros para axudarlles a elixir a mestura que mellor se adapta ás súas necesidades, en función de factores como o tipo de solo ou a duración e destino final da pradería.
- Podes contactar co Grupo Soaga no teléfono 986 516 035 ou a través da páxina web www.gruposoaga.com.