Melloras na fiscalidade forestal en Galicia

A Asociación Forestal de Galicia amosa a súa satisfacción porque a Xunta aceptara as propostas para reducir os impostos nos casos de transmisións patrimoniais

Melloras na fiscalidade forestal en Galicia

As vendas ou permutas de parcelas forestais están desde este ano exentas do imposto de transmisións.

Os propietarios forestais teñen desde este ano unha serie de vantaxes fiscais para a transmisións de terras. A Asociación Forestal de Galicia veu demandando no 2015 a equiparación dos silvicultores cos agricultores a título principal, beneficiados por unha serie de bonificacións previstas na Lei 4/2015 de estrutura agraria de Galicia. Finalmente, a Xunta procedeu a establecer tamén bonificacións para os propietarios forestais a través da lei de acompañamento dos presupostos (Lei 13/2015 de medidas fiscais e administrativas), publicada o pasado 31 de decembro.

Entre as novidades fiscais que benefician ós propietarios forestais figuran as seguintes:

– A deducción do 100% da cota tributaria no imposto de transmisións para as vendas inter vivos de solo rústico, categoría na que están clasificados a maioría dos montes galegos.

– A deducción do 100% da cota tributaria do imposto de transmisións no caso de cesións temporais a través do Banco de Terras de Galicia.

– A exención da cota sobre actos xurídicos documentados e documentos notariais para as agrupacións de predios rústicos.

A maiores, no caso das herdanzas, os propietarios forestais tamén se benefician das seguintes exencións xerais para toda a cidadanía:

– A eliminación da tributación por herdanza en patrimonios inferiores a 900.000 euros para os descendentes directos menores de 21 anos.

– En maiores de 25 anos, non terán que tributar aquelas herdanzas cunha base impoñible inferior a 400.000 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información